Mahou pide a En Marea que mude o seu logotipo para “evitar a confusión” entre a cervexa e o partido

O gabinete de avogados da corporación Mahou púxose en contacto, a través do Parlamento de Galicia, con En Marea para pedir que "modifique" o seu logotipo polas súas semellanzas co da compañía cervexeira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2016 | Actualizada ás 15:41

Comparte esta noticia

O gabinete de avogados da corporación Mahou púxose en contacto, a través do Parlamento de Galicia, con En Marea para pedir que "modifique" o seu logotipo co fin de "evitar a confusión" entra a marca cervexeira e a imaxe política, que "tanto se asemella".

Logotipos de En Marea e Mahou.
Logotipos de En Marea e Mahou.

No escrito, remitido polo bufete Herrero&Asociados e que entrou por rexistro parlamentario o 21 de outubro, segundo figura no expediente, os avogados póñense en contacto con En Marea para facer constar que o logotipo de En Marea presenta "unha gran semellanza co logo corporativo de Mahou e a Fundación Mahou San Miguel".

Ao respecto, o servizo xurídico da empresa explica que "este feito foi detectado durante a campaña política", pero quixeron "esperar" a comunicalo máis tarde. "Entendendo que durante os momentos previos ás eleccións galegas estarían vostedes centrados noutras cuestións e a nosa intención non era interferir en modo algunha na súa tarefa electoral", engaden.

Ademais de achegar un listado das marcas máis relevantes da empresa cervexeira e a súa fundación, algunhas delas "marcas notorias e de renome", os avogados tamén inclúen a repercusión en redes sociais que se deu cando transcendeu o logotipo, no que xa se falaba das semellanzas entre unha e outra imaxe. Entre eles, atopan comentarios xocosos sobre as semellanzas ou acerca de que a marca de cervexa se presentaba como partido político en Galicia para as eleccións autonómicas.

"É obvia a confusión que se xerou entre a imaxe gráfica da súa formación política e a imaxe identificativa de Mahou San Miguel e da Fundación Mahou", apunta o bufete de avogados, que puxo a disposición de En Marea "para colaborar con este tema porque a súa intención é alcanzar unha solución axeitada para ambas as dúas partes".

EXPLICACIÓNS DE EN MAREA

Ao respecto da situación, fontes da formación política explicaron que a imaxe creativa leva está xustificada pola empresa que se encargou do deseño e que parte do 'eme' de En Marea e simula as ondas do mar.

Admiten que son "similares pero non é o mesmo" logotipo e engaden, estas mesmas fontes, que non interfiren na venda do produto, xa que En Marea é un partido político.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

9 Androide

Por qué será que Galicia Confidencial ignora a información sobre as esixencias de secretaria e chofer de Villares? Acéptanse apostas.

8 euloxio

VILLANO o xuiz da porcallada esta pedindo mais cartos, esta pedindo coche oficial con chofer dentro, esta pedindo un secretario particular, esta pedindo un ordeanza e criado de levita, ainda se cre que esta no tribunal superior de coruñas, andida cre que esta na udiencia nacional... ainda cre que esta no turrón supremo de mandriles... XUIZ VILLANO MORTO DE FAME!!!!

7 Eu mesmo

Eu prefiro a Estrela de Galicia á Mahou. Obviously

6 Javier Merlo

Villares, lo primero que precisas para trabajar es un chófer? Un sueldo como los de la casta? Secretarios? Uffff.....no puedes seguir seguir representando a los que combatimos el sistema y la casta política. Me has robado el voto.

1 Comunista

O que pide Luís Villares é o minimamente necesario para quen é xefe da oposición en Galiza e, sobretodo, é algo que pide ao seu PROPIO partido, polo que non nos custaría NADA ás galegas e galegos, todo o contrario do que os salarios de 4.000 ou 5.000 €/mes e os exércitos de liberados que lles levamos pagando toda a cidadanía dende hai anos a parásitos coma a Ana Poltrona e cía.

5 Escachapedras

"CON MI VIDA". El líder de En Marea, Luís Villares, ha proclamado su compromiso con el Parlamento gallego bajo la fórmula: "Prometo defender con una marea de alegría e ilusión, la libertad, la dignidad y la felicidad de la sociedad gallega. Para esta alta función comprometo a mi palabra y, si necesario fuese, mi vida". O patriota Villares disposto a entregar a vida por Galiza pero, eso sí, ben remunerado...