Madeira de carballo galego para o whisky irlandés

Investigadores da Universidade de Santiago colaboran coa firma irlandesa Irish Distillers Inc. para a fabricación de barricas destinadas á maduración do whisky.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 02/11/2016 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

Os produtores de whisky irlandés buscan a mellor madeira para as barricas nas que maduran tan prezada e prestixiosa bebida. E para iso viñero a Galicia, onde o grupo de investigación GI-1720 Enerxía, Mecanización e Modelización Agroforestal (EnerMecaModel) da Universidade de Santiago, con sede na Escola Politécnica Superior do Campus Terra, e outros investigadores do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da institución académica compostelá densenvolven un proxecto de investigación orientado á certificación forestal das partidas de madeira de carballo galego que emprega a firma irlandesa Irish Distillers Inc. para a fabricación de barricas destinadas á maduración do whisky.

Carballeira galega
Carballeira galega

O proxecto, coordinado por Pablo Vila Lameiro e no que tamén participan o tamén profesor da Escola Politécnica Superior da USC Ignacio J. Díaz-Maroto, e a investigadora contratada Adriana Conde Fernández, que está a facer a súa tese de doutoramento vinculada esta investigación, está financiado pola empresa Irish Distillers Inc.. que é a propietaria da marca comercial e das adegas de whisky Jameson, ademais doutras moitas marcas coñecidas e con presenza no mercado. Asemade, tamén están implicados nesta actuación o serradoiro Maderbar, de Baralla, e a tonelería gaditana Antonio Páez Lobato, con sede en Jerez de la Frontera.

Logo de varios años de traballo, durante os que os investigadores do campus lugués avanzaron na valoración das propiedades da madeira das diferentes especies de carballo galego como materia prima para elaborar barricas destinadas á maduración do wisky, e tralos excelentes resultados acadados, as dúas partes acordaron continuar a colaboración para coñecer a valoración que os seus clientes fan da Certificación Forestal como garante da correcta xestión medioambiental e, por outra banda, para avanzar na tramitación de certificados de madeira para partidas de carballo galego, un labor non exento de complexidades por mor das singularidades derivadas do pequeno tamaño das carballeiras.

O escenario de traballo e a actuación que están a desenvolver os investigadores do campus lugués xunto coa destilería irlandesa e as demais empresas implicadas, conta con recoñecemento, que non con financiamento da Administración autonómica, e ten garantida a súa continuidade durante outros tres anos, segundo puxo de manifesto a delegación de Irish Distillers durante a súa recente visita ao campus e á provincia de Lugo para supervisar sobre o terreo a evolución dos traballos que se están a realizar.

As vantaxes deste proxecto céntranse na incidencia e posta en valor da xestión forestal sustentable, un proceso que, segundo indicou Vila Lameiro, actúa como unha garantía engadida que permite aportar un valor complementario a un recurso natural do monte galego, ao tempo que constitúe unha marca de sustentabilidade e apoio ao desenvolvemento rural que outros usos non permiten.

O profesor e coordinador deste proxecto remarcou asemade a repercusión económica deste proxecto, ao que tamén se referiu como unha iniciativa que contribúe á xeración de coñecemento científico e á divulgación do Campus Terra da USC e das actividades de I+D+i que nel desenvolven en congresos internacionais (Bragança, Roma, Plasencia...), así como a través da publicación de comunicacións e artigos en revistas científicas de impacto, informa a USC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Eu mesmo

Xa dende hai anos, unha outra empresa de Lugo, Tevasa, fornece a The Macallan - Single malt whiskies, o mellor do mundo, de pipotes que, despois de ser fabricados no país, van a terra do xerez para rematar na grande Escocia

1 expaña e ruina

Agora soamente falta que se meta polo medio a expaña e o impida esto xa pasou cando nos temos da besta española xeneral fascista primo de rivera (un que se deitaba con narcotraficantes xitanos) daquelas a madeira galega en vez de ir para GRAN BRETAÑA onde a pagaban ben meteronlle uns impostos e ia a expaña a entibar minas en Asturias por dous patacons podres...

1 roxe

Interesante información. Gzas