Temas: DVICIO

Allariz sabe… a outono

Este é o suxestivo lema co que Allariz nos convida á XXI Feira de Outono que terá lugar esta fin de semana.

Por GC Tendencias | Allariz | 11/11/2016 | Actualizada ás 22:19

Comparte esta noticia

Un evento gastronómico que ten por obxectivo a promoción, potenciación e valorización dos produtos de outono. Ademais da venda e degustación de produtos como mel, noces, castañas e cogomelos haberá unha exposición micolóxica, charlas coloquio, concursos e cociña en vivo.

Presentación da XXI Feira de Outono
Presentación da XXI Feira de Outono

O punto de encontro arredor do que xiran a maioría das actividades é o Pavillón da Feira en horario de 10.30 a 20.00 h. mentres que a exposición micolóxica estará no Mercado de produtos da Reserva da Biosfera en horario de 11.00 a 14.00 h e 17.00 a 20.00 h.

No programa tamén se inclúen xogos populares para os máis cativos e unha demostración de “Agility Canina” que terá lugar o sábado 12.

Ao longo da fin de semana as taperías e restaurantes da vila ofrecen menús e tapas especiais elaboradas con produtos de tempada. Información máis detallada sobre o programa no facebook e páxina web do concello.

Cartel
Cartel
Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta