O filme de Hollywood ‘Arrival’ cita a orixe do portugués no Reino de Galicia

A película é protagonizada pola actriz Amy Adams, quen no papel dunha profesora de lingüística explica aos seus alumnos onde e cando se orixinou a lingua portuguesa.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/11/2016 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

“A historia do portugués tivo a súa orixe no Reino de Galicia“. Así llo explica unha profesora universitaria de lingüística aos seus alumnos nunha das escenas do filme 'Arrival', unha macro-produción cinematográfica de Hollywood de ciencia-ficción que vén de ser estreada nas salas de cine, dirixida por Denis Villeneuve e escrita por Eric Heisserer.

Amy Adams, no papel da profesora Louise Banks no filme 'Arrival' (2016).
Amy Adams, no papel da profesora Louise Banks no filme 'Arrival' (2016).

A profesora, protagonista do filme, é interpretada pola actriz Amy Adams, que se refíre ao reino medieval de Galicia como a orixe da lingua portuguesa na Idade Media, xusto no momento inicial no que o filme muda de ritmo e escenario.

En concreto, Louis Banks (así se chama a profesora protagonista do filme) explica aos alumnos: "Hoxe imos falar do portugués e por que soa tan diferente das demais linguas romances. A historia do portugués tivo o seu inicio no Reino de Galicia, na Idade Media. Daquela a lingua considerábase unha expresión artística".

Máis no medio colaborador Historia de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

4 Españolistas dades noxo

Isolacionismo = perda de tempo

3 amoxegador

A Galiza não deve morrer, passa-te ao galego-português.

1 Galego

Que parte non entendes si o portugués sae do galego entón que memez e isa de galego portugués, dicir iso que dis e como dicir que o galego castelan e a nosa lingua, farto de iluminados.

2 teutonio

Home, pois empregando castelanismos como memez ou hipergaleguismos propios de xente que non coñece a lingua correctamente como isa tampouco lle estás a facer moito favor ao galego. Anigüei, unha magoa que chegasen os extraterrestres, prestábame ver como seguía esa aula.

3 Galego

correctamente??? Isto non é un castelanismo, magoa sin tíl, seguía????, Coido que hai formas máis axeitadas de escribir a nosa língua, eu por desgraza non son perfecto e cometo moitos erros máis fago todo o posibel por falar de maneira máis axeitada, dicindo lembrei en canto de recordei, esquecín en canto de olvidei, golpe en canto de raposo, pero xa vexo que a moitos vos gosta de criticar aos impuros, eu recoñezo a quen se esforza, por mellorar a nosa língua sin intentar hermanala nin co castelán nin co portugués, e pido perdor por si miña forma de escribir non e a axeitada, pode ser por mor da miña educación integra en castelán na escola, ou por todos estes iluminados que non crean máis que confusión cas normas ortográficas aceptando castelanismos e portuguesismos. Un saúdo

4 Leirachá

Colocar cancelas na cultura entre territórios limítrofes sempre foi un artifício. O galego nasceu na Galiza, só que esta chegou máis alá do Douro... Aquela Galiza hoxe é o Minho, o Norte de Portugal, que conservou e até estendeu a língua evoluida. No presente as fronteiras non serven, nin co castelán. O galego debe recuperar a parte separada pola imposición política: integrarse co portugués. Ou ti tamén ollas diferenzas entre o valenciano e o catalán? Se naquel caso entendemos que o motivo da ridícula separación é política! Só aos nacionalistas españois lles pode molestar a unidade do galego-portugués!

5 teutonio

Pois?, queixaste de que hai quen emprega a grafía lusista ou emprega palabras do portugués e pola contra ti mesmo utilizas palabras do castelán (hermanar), non cres que é un pouco incoherente queixarse e logo facer o contrario do que se fala?, ou é que os préstamos lingüísticos so están ben se proceden de La Bañeza e non de Torres Vedras? "o follamos todos o la p. al río" non é?. Graciñas por me corrixires a mágoa, "correctamente" é perfectamente correcto como seguía, e eu non vou por eí dicíndolle aos outros como deberían escribir en galego..

6 galego

Tedes un probleba moi gordo agora entendo porque o galego vai cara atras, eu defendo que o galego ten que buscar o seu camiño, sin interferencias nin do castelán nin do portugués, agás as mínimas como poden ser do inglés, pero basearse que so pode ser dunha lingua como é o portugués que é unha lingua parecida pero independente, iso si que é poñerlle cancelas a cultura, pero seguide asi pouco favor lle facedes a nosa cultura.

7 Galahaz

Estamos no de sempre. Entre o galego e o portugués hai tantas diferenzas como as que pode haber entre o castelán falado en Burgos e o español falado en Buenos Aires, tanto a nivel fonético, como léxico e gramatical. Mais mentres a unidade da lingua castelá/española non se discute e todas as súas variedades comparten un código único para a escrita (con pequenas diferenzas), semella que os que defenden (ou defendemos, aínda que non o practique) o mesmo para a nosa lingua están tolos ou directamente queren que o galego desapareza. O galego ten un modelo sólido e consolidado a nivel internacional ao alcance da man, e deberíao utilizar. Para min non hai debate posíbel.

8 Leirachá

Na cultura e nos idiomas SEMPRE houbo interferéncias. De feito o galego é hoxe un calco do castelán na gramática, tamén en moitas escollas, sendo unha negación da variante galega próxima ao portugués (mão, irmão, verão, pantalois, quatro, quanto...). Curioso que che incomoda só o dun lado! Se cadra mesmo es nacionalista español sen sabelo? Verdade, como o valenciano e o catalán, tan diferentes... para grandeza de España! A túa fronteira é mental, difícil de apagar... Outros insistimos imposible aillarse, menos nos tempos atuais. Mais sempre hai defensores de valados, muros e fronteiras contra os de fóra. O medo que o españolismo precisa para seguir domesticando aos galegos.

9 galego

Según voso argumento si eu son nacionalista español logo vos que sodes nacionalistas portugueses. Volvo repetir nin portugues nin Castelan a ver si desta o entendedes. Toda aportación doutra lingua ao noso idioma ten que ser a mínima, o galego debe ir polo seu camiño. Quen parece que sodes uns trolls xa que non facedes mais que poñer atrancos ao desenvolvemento da nosa lingua, fomentando outras linguas, si puxerades o mesmo empeño en que o galego fora normativizado dun xeito propio outro galo nos cantaria.

10 galego

Según voso argumento si eu son nacionalista español logo vos que sodes nacionalistas portugueses. Volvo repetir nin portugues nin Castelan a ver si desta o entendedes. Toda aportación doutra lingua ao noso idioma ten que ser a mínima, o galego debe ir polo seu camiño. Quen parece que sodes uns trolls sodes vos, xa que non facedes mais que poñer atrancos ao desenvolvemento da nosa lingua fomentando outras linguas, si puxerades o mesmo empeño en que o galego fora normativizado dun xeito propio outro galo nos cantaria.

11 Galahaz

1º Eu non lle chamei nacionalista español nin nada polo estilo, así que non sei a qué vén iso de "voso argumento"; 2º Non sei que ten que ver ser partidario dunha opción ortográfica e ter unha determinada ideoloxía política. A lingüística é unha cousa e a política é outra. Pódese defender unha ortografía reintegracionista para a lingua galega e non ser nacionalista galego. Exemplo: http://pgl.gal/miguel-a-bastos-boub... ; 3º Adoptar unha ortografía semellante á do portugués non significa querer ser portugués ou querer falar portugués; e 4º Cando se discute sobre algo é bo pórse na situación do contrario e tentar ver o seu punto de vista. Eu respecto a súa opinión pero non a comparto. Está claro que vostede non respecta (nin ten interese en comprender) a dos demais.

12 teutonio

Galego, va que che molesta que che retruquen e che mostren as incoherencias, se queres que o galego siga o seu camiño comeza por ti e deixa de usar castelanismos e logo continúa por criticar a gran maioría de falantes que empregan un galego cheo de préstamos do castelán, cando non directamente, un calco traducido ao galego... logo se che chega o tempo recomendaríache que tratases de convencer aos 2000 que empregan o embora ou o relvado. E desde logo, non liguedes a escolla normativa coa política se non queredes que o Prof. Bastos vos dea un croque

13 Lamaquebrada

O que se fai chamar 'galego', querendo ou sen querer fai moi ben o papel de español (divide y venceras). Responda ao preguntado sobre valenciano-catalan, non sabe que dicir?

14 galego

O problema do valenciano catalan non se parece en nada ao que estamos a discutir aqui, que é o camiño que ten que seguir o galego, eu coido que ten que coller un camiño propio e vos que ten que ir co portugues sigo pensando que tanto ir co portugues como co castelan e un erro, seguides atacando a forma de dicir o mensaxe non o mensaxe en si.

15 lamaquebrada

Non se parece? Erguer fronteiras artificiais, separar comunidades de falantes, evitar difundir medios da outra banda, inventar normas diferenciadas, negar oficialidade a unha variante de uso amplo... Primeiro, por favor, informate e non te perdas con tanto ollar no propio embigo.

16 ghato

O portugués ten unha lista extensísima de castelanismos, que facemos con eles? só temos en conta o dos galegos? chamarlle galego-portugués á nosa lingua tamén é acertar de carallo.moitas das cousas que o galego non ten son propias do sur de Portugal que nunca foron galegas, témolas que coller nós? collamos as do portugués do Brasil que nunca foi galego pero son moitos máis. o acordo ortográfico do portugués ten os días contados, ninguén o acepta, os países de fala portuguesa non escriben igual. Entón nós a quen obedecemos ortograficamente? ás imposicións de Lisboa que acabaron case coa variedade do norte de Portugal por considerala sucia e de "analfabetos" (como se o portugués surxise no sur de Portugal e non tivesen precisamente no norte a fala máis "limpa"). Entón debemos adoptar que normativa ortográfica? léxico novo totalmente alleo aos galegos? escoller formas moi minoritarias na galiza para adecualos ao SUR de Portugal?

17 Leirachá

Que grande é o castelán, con moitas variantes na fala é todos nunha norma unitária. Imaxinade que os andaluces quixeran diferenciarse dos de Castela, e xa non digamos dos arxentinos ou dos mexicanos... Ridículo, verdade? Ollade o árabe, unha única norma escrita é non se entenden na fala, e ninguén discute a unidade. As fronteiras sobram! Pensade nas motivacións políticas que separan (o caso valenciano que vos mostraron). Romper a unidade, fomentar a división. Pois iso é o que pretendedes os que fomentades a separación do galego do portugués nun mundo globalizado: o illacionismo é suicídio. Non estades á altura dos tempos!

2 oestrimnia

Fai máis esto por Galicia que calquera orzamento en turismo internacional

1 Españolistas dades noxo

Por moito que a españolada o negue