Noriega alerta dunha campaña contra as mareas e apoia que o seu nº2 non dimita

O alcalde de Santiago lembra que hai “sectores económicos” moi opostos as políticas das confluencias. O PP chámalle trileiro, o PSOE di que se agocha detrás da letra pequena do código ético e o BNG di que o tenente de alcalde debería dimitir para non facerlle máis dano a Compostela Aberta.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/12/2016 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago apoia a decisión de non dimitir do seu número 2. Martiño Noriega vai un paso máis alá e denuncia unha campaña de acoso contra as mareas.

Martiño Noriega en rolda de prensa
Martiño Noriega en rolda de prensa | Fonte: santiagodecompostela.gal

O tenente de alcalde está sendo investigado pola Xustiza en relación a sancións a locais de ocio nocturno. O concelleiro de Espazos Cidadáns Jorge Durate renunciou a parte das súas competencias -as relacionadas co caso- pero di que non dimitirá. Duarte, acusado de prevaricación administrativa, argumenta que o código ético de Compostela Aberta só obriga a dimitir se a acusación implica o suposto enriquecemento dun cargo público, que non é o caso.

Por vez primeira diante da prensa, 24 horas despois de que saltase o caso, Martiño Noriega mostrou o seu apoio sen fisuras a Duarte. Iso si, informou que a Xunta de Goberno acordou que as competencias de sancións e concesións de licencias pasen ao concelleiro Xan Duro Fernández, unha transferencia que o propio Duarte xa solicitara onte.

Noriega cre que Duarte deu todas as explicacións necesarias inmediatamente. Tamén argumenta que non se trata dun caso de corrupción. 

Retirada de competencias

Ademais, o líder de Compostela Aberta asegura que levan “ano e medio” sufrindo unha campaña porque as mareas supoñen “unha ameaza política para os intereses de determinados sectores económicos”. O edil insistiu en que “a honestidade é o noso valor principal” fonte aos intereses ocultos en para que as políticas das confluencias non saian adiante. Para el o caso implica certa “perda da inocencia” e a constatación de que as mareas non compiten nun campo de xogo equitativo. O alcalde pregúntase tamén de onde saíu a denuncia, algo que di descoñecer. 

O alcalde aproveitou a súa comparecencia para "ratificar a confianza de todo o equipo de goberno no concelleiro Jorge Duarte". Martiño Noriega reiterou que o caso dos expedientes a locais de hostalería atópase no momento das dilixencias previas, e o concelleiro de Espazos Cidadáns prestará declaración como investigado despois de telo solicitado el mesmo por escrito ante a Fiscalía, tal e como explicou tanto nas súas roldas de prensa de onte para falar deste asunto como na súa comparecencia no Pleno, a petición propia.

 

Valoracións do PP local e Feijóo

No principal partido da oposición, o PP, tiran con bala. Se ben onte os conservadores limitábanse a recordarlle á marea os seus compromisos, hoxe o edil Alejando Sánchez Brunete subiu moito o tono. Sen citar a palabra “dimisión”, o conservador indicou que “cómpre a asunción da máxima responsabilidade política tanto pola gravidade das irregularidades como en función da palabra dada”. A Noriega e Duarte cualificounos de ‘trileiros’ por non supostamente non cumplir o código ético. Para el a área do Goberno está convertido nun “alcazar de irregularidades e desvergoña”.  

O seu superior, Alberto Nuñez Feijóo foi moito máis moderado. O presidente da Xunta acusou eso sí a Compostela Aberta de fariseismo e pediulle que actúen con “prudencia” en todos os casos, non só nos que os tocan a eles.

O PSOE denuncia falsas leccións de moralidade

Dende o PSOE seguen sen reclamar a dimisión de Duarte. Non por iso Paco Reyes, voceiro local, deixa de facer sangue. “Compostela Aberta enganou  a cidadanía nas eleccións municipais” porque” despois de dar clase de ética pública a todo o mundo e sentar cátedra agóchanse detrás da letra pequena do Código Ético”.

Pola súa parte o líder local do BNG Rubén Cela insiste en que el dimitiría de estar “nunha situación como a do señor Duarte, en coherencia co que levo defendido e para non causar máis danos a organización”. Con todo, o nacionalista deixou claro que o tenente de alcalde lle parece unha persoa honesta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

9 Ana

Muito borrachusas que defende os santiños dos locais, debe ser por estaren preto da catedral

8 Sesese

Que bonito debe ser vivi así, sin pegar pao, e por riba mandando, cun carguiño, con un bo sueldo. A ver quen renuncia a iso, nin con auga fervendo

7 O Freire

Primeiro, presuncion de inocencia. Segundo, no codigo etico di por enriquecemento persoal. Terceiro, como vos preguntan por ai abaixo, os do BNG. PSOE e PP tampouco cumprides horarios. Cuarto, nas Mareas tampouco dimiten por causas maiores (Pam "puta coja", a concelleira de Cangas Tania Castro, Yoli que expulsa a quen denuncia pederastas e ampara a este).

6 Profe me tienen mania

A Noriega teñenlle mania pola melenaza mira que investigar o de non sancionar total que mais ten que se non se sanciona aos que non deixan durmir aos veciños ten razón o ruturismo

5 Lioso

Duarte ten moito que tapar. Moita obra escura antes e na transición ao chegar a Raxoi. Tiren do fío señores