Noriega alerta dunha campaña contra as mareas e apoia que o seu nº2 non dimita

O alcalde de Santiago lembra que hai “sectores económicos” moi opostos as políticas das confluencias. O PP chámalle trileiro, o PSOE di que se agocha detrás da letra pequena do código ético e o BNG di que o tenente de alcalde debería dimitir para non facerlle máis dano a Compostela Aberta.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/12/2016 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago apoia a decisión de non dimitir do seu número 2. Martiño Noriega vai un paso máis alá e denuncia unha campaña de acoso contra as mareas.

Martiño Noriega en rolda de prensa
Martiño Noriega en rolda de prensa | Fonte: santiagodecompostela.gal

O tenente de alcalde está sendo investigado pola Xustiza en relación a sancións a locais de ocio nocturno. O concelleiro de Espazos Cidadáns Jorge Durate renunciou a parte das súas competencias -as relacionadas co caso- pero di que non dimitirá. Duarte, acusado de prevaricación administrativa, argumenta que o código ético de Compostela Aberta só obriga a dimitir se a acusación implica o suposto enriquecemento dun cargo público, que non é o caso.

Por vez primeira diante da prensa, 24 horas despois de que saltase o caso, Martiño Noriega mostrou o seu apoio sen fisuras a Duarte. Iso si, informou que a Xunta de Goberno acordou que as competencias de sancións e concesións de licencias pasen ao concelleiro Xan Duro Fernández, unha transferencia que o propio Duarte xa solicitara onte.

Noriega cre que Duarte deu todas as explicacións necesarias inmediatamente. Tamén argumenta que non se trata dun caso de corrupción. 

Retirada de competencias

Ademais, o líder de Compostela Aberta asegura que levan “ano e medio” sufrindo unha campaña porque as mareas supoñen “unha ameaza política para os intereses de determinados sectores económicos”. O edil insistiu en que “a honestidade é o noso valor principal” fonte aos intereses ocultos en para que as políticas das confluencias non saian adiante. Para el o caso implica certa “perda da inocencia” e a constatación de que as mareas non compiten nun campo de xogo equitativo. O alcalde pregúntase tamén de onde saíu a denuncia, algo que di descoñecer. 

O alcalde aproveitou a súa comparecencia para "ratificar a confianza de todo o equipo de goberno no concelleiro Jorge Duarte". Martiño Noriega reiterou que o caso dos expedientes a locais de hostalería atópase no momento das dilixencias previas, e o concelleiro de Espazos Cidadáns prestará declaración como investigado despois de telo solicitado el mesmo por escrito ante a Fiscalía, tal e como explicou tanto nas súas roldas de prensa de onte para falar deste asunto como na súa comparecencia no Pleno, a petición propia.

 

Valoracións do PP local e Feijóo

No principal partido da oposición, o PP, tiran con bala. Se ben onte os conservadores limitábanse a recordarlle á marea os seus compromisos, hoxe o edil Alejando Sánchez Brunete subiu moito o tono. Sen citar a palabra “dimisión”, o conservador indicou que “cómpre a asunción da máxima responsabilidade política tanto pola gravidade das irregularidades como en función da palabra dada”. A Noriega e Duarte cualificounos de ‘trileiros’ por non supostamente non cumplir o código ético. Para el a área do Goberno está convertido nun “alcazar de irregularidades e desvergoña”.  

O seu superior, Alberto Nuñez Feijóo foi moito máis moderado. O presidente da Xunta acusou eso sí a Compostela Aberta de fariseismo e pediulle que actúen con “prudencia” en todos os casos, non só nos que os tocan a eles.

O PSOE denuncia falsas leccións de moralidade

Dende o PSOE seguen sen reclamar a dimisión de Duarte. Non por iso Paco Reyes, voceiro local, deixa de facer sangue. “Compostela Aberta enganou  a cidadanía nas eleccións municipais” porque” despois de dar clase de ética pública a todo o mundo e sentar cátedra agóchanse detrás da letra pequena do Código Ético”.

Pola súa parte o líder local do BNG Rubén Cela insiste en que el dimitiría de estar “nunha situación como a do señor Duarte, en coherencia co que levo defendido e para non causar máis danos a organización”. Con todo, o nacionalista deixou claro que o tenente de alcalde lle parece unha persoa honesta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

4 Xoc

Campaña mediática en contra das Mareas? Será dos mesmos que vós facían campaña cando niños existíades. Ou os resultados das Mareas non se xustifican, en parte, cos espazos que vos deron os medios sistémicos? Antes eran bos e agora son malos. A culpa nunca é vosa. Sodes moi soberbios

3 Hugo

Doble rasero Martiño. Hace 2 años salias alabando la decisión de dimitir de la responsable de tu partido que ni siquiera era cargo público y ahora justificase lo injustificable.

2 Ana

Non me resulta simpático o tal Duarte, nin o Noriega... Agora ben, meus reis da oposición, sodes uns caraduras: cantos locais cumpren o horario de peche onde goberna PP e BNG? Cantas multas e cantos peches facedes cumprir? Cantas copas tomades, vós concelleiros limpos da oposición, en locais fóra de hora? Seguramente o que se destapou en Compostela é que os mareados son igual de incumpridores da norma que o PP, o PsoE e o BNG, todos uns farsantes!

1 La pastillita loqui

Denuncialos tu loquito

1 Buffito

Veña oh, veña, ¿a qué andamos? Ao de sempre na nova política. Cando os pillan con carriño do xelado din que os atacan ¿Pero ti de k vas, Kaifás?. Non sei se houbo delito, pero cheira que confunde que se negara a asinar unhas multas ao Tarasca, e que a funcionaria --gustaríame saber se está sendo represaliada-- tivese que oficiar ao alcalde para dicirlle que o concelleiro non lle asinaba os expedientes, e ían caducar.