Ex-traballadores da fábrica de armas da Coruña denuncian o “silencio” de Xunta e Goberno central

Secundan unha nova concentración ante a Delegación do Goberno en demanda dun futuro industrial e denuncian "unha trama especuladora do PP".

Por E.P. | A CORUÑA | 30/12/2016 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

Ex-traballadores da fábrica de armas da Coruña secundaron unha nova concentración ante a Delegación do Goberno en Galicia en demanda dun futuro industrial para a factoría e para denunciar "o silencio" da Xunta e o Goberno central pola situación dos empregados.

Fábricas de Armas na Coruña
Fábricas de Armas na Coruña | Fonte: onemagazine.es

En declaracións a Europa Press, o ex-presidente do antigo comité de empresa, Roberto Teijido, asegurou que "non hai actividade na instalación e non se paga a Seguridade Social aos traballadores", sinalou. En concreto, indicou que hai empregados "aos que, en ano e medio, non se lles pagou nin un euro".

Ademais, recordou que o Ministerio de Defensa "lle quitou a capacidade de producir armamento". Por todo iso, indicou non entender "o silencio" da Administración central e autonómica "ou por que non se recupera a concesión".

"TRAMA ESPECULADORA"

Para o ex-presidente do antigo comité de empresa, o que hai detrás é "unha trama especuladora do PP", apuntou en alusión aos terreos. Por iso, dixo que seguirán mobilizándose "ata que a verdade saia á luz", sentenciou.

Por outra banda, criticou que o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, non respondese as súas peticións dunha reunión. "Comprometeuse a facer xestións", insistiu Teijido reiterando esta demanda dun encontro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sesese

O desa fábrica, e de traca. Esta visto que agora vale todo