Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/01/2017 | Actualizada ás 21:00
Galicia tamén tivo grandes rabaños de cabras montesas. Pero foi hai moito tempo. Tanto que xa pasou máis dun século. A capra pyrenaica lusitánica ou cabra montesa galaica moraba nas zonas montañosas de Galicia, do norte de Portugal, Asturias, León e Cantabria. Pero os seus días remataron coa chegada da modernización e a extensión da caza.
En 1886, unicamente quedaba un rabaño na península, reducido ás serras do Xurés-Gerês. O 20 de setembro de 1890 captúrase ao único exemplar fotografado en Galicia, unha femia, no Val de Albergaría, a un quilómetro e medio de Portela do Home. É ese que aparece na fotografía. Máis no medio colaborador Historia de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.