Temas: VIQUINGO

Quen foi e que fixo o viquingo Ulf, O galego?

Hai quen cre que pasou 20 anos en Galicia como mercenario, guerreiro e saqueador. Loitou contratado por nobres e tamén contra eles e morreu nunha gran batalla na Arousa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/02/2017 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

Hai uns días coñecíase a suposta aparición da tumba de Ulf, o Galego, un xefe viguingo dinamarqués que debe o seu alcume aos anos que pasou en Galicia guerreando na primeira metade do século XI. 

Recreación dun caudillo viquingo
Recreación dun caudillo viquingo | Fonte: legadohistoria.blogspot.com

Jarl Galizu-Úlfr, Ulv Galiciefarer ou Galicieulf, “O lobo de Galicia”, como se recollen en documentos históricos foi un dos últimos grandes guerreiros viquingos que asolou as terras  que os seus compatriotas chamaban Jakobsland, a Terra de Santiago. En Galicia foi onde Ulf fixo a súa riqueza e adquiriu un gran estatus social que, co tempo, o convertería en bisavó dun rei viquingo e católico. Pero quen foi ese “lobo galego” que loitou como mercenario para un nobre galego, saqueou a terra doutros nobres e morreu, supostamente, baixo a espada dun bispo?. Máis na web colaboradora Historia de Galicia.

Temas: VIQUINGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 A Tahona

Foi o pai do nacionalismo galego e fundador da UPG