Temas: PREFERENTES PP

Afectados por preferentes critican que o Goberno do PP vete en Madrid o acordo do Parlamento galego

A Coordinadora galega de afectados polas preferentes e subordinadas criticaron que o Goberno central "se poña unha vez máis do lado dos estafadores" e "traizoe a miles de familias galegas ao negarlles a posibilidade de recuperar os seus aforros".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2017 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

A Coordinadora galega de afectados polas preferentes e subordinadas criticaron que o Goberno do PP vete en Madrid un acordo unánime do Parlamento de Galicia "poñéndose unha vez máis á beira dos estafadores" e "traizoando a miles de familias galegas ao negarlles a posibilidade de recuperar os seus aforros".

Protesta dos afectados polas preferentes contra Rajoy e o PP en Soutomaior
Protesta dos afectados polas preferentes contra Rajoy e o PP en Soutomaior | Fonte: Miguel Núñez

A coordinadora lembra que en marzo de 2014 se aprobou definitivamente e por unanimidade unha proposición de lei na que se instaba ao Congreso dos Deputados "a modificar a Lei 9/2012, que incorporou ao ordenamento xurídico estatal as condicións do rescate bancario e legalizou, de facto, a estafa das preferentes e aplicación de quítalas ao capital das persoas estafadas".

Neste sentido, lembrou que no Parlamento galego o PP "votou a favor desta iniciativa do BNG" ao argumentar que "supuña un paso máis na procura dun fin compartido: que o 100% dos enganados polas preferentes recuperasen o 100% dos seus aforros".

"Só foi un lavado de cara", denunciou a coordinadora, que criticou que aquela mesma proposición de lei, presentada no Congreso co obxectivo de axilizar a súa aprobación e devolver, canto antes, os aforros ás persoas estafadas por cambiar a lexislación e impedir novas estafas bancarias, foi rexeitada por maioría absoluta do PP".

Respecto diso, lamentou que este mércores "se repetiu a historia". "O veto do Goberno do PP a que fose tramitada no Congreso a proposición de lei aprobada por unanimidade no Parlamento galego, evidencia, unha vez máis, a política hipócrita que leva anos practicando este país, apoiando aquí medidas, cando non queda máis remedio, que despois nega ou impide que leven adiante desde o Goberno do Estado".

Protesta dos afectados polas preferentes contra Rajoy e o PP en Soutomaior
Protesta dos afectados polas preferentes contra Rajoy e o PP en Soutomaior | Fonte: Miguel Núñez

Temas: PREFERENTES PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta