A Xunta insiste en defender os medios e os dispositivos de loita contra o lume

En Marea critica o cambio do modelo de aeronaves e o aumento da extensión dos lumes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/02/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Xunta insiste en defender a estratexia posta en marcha contra os lumes forestais, a pesar de que o pasado ano foi o que máis hectáreas se queimaron dos últimos anos. Neste sentido, o o director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández-Couto,  destacou a diminución de lumes nos últimos anos. En concreto apuntou que no verán de 2016 case o 80% dos incendios non chegaron a unha hectárea, mentres que só un 2% foron de máis de 100 hectáreas.

Efectivos de loita contra os lumes da Xunta
Efectivos de loita contra os lumes da Xunta | Fonte: Óscar Vázquez-Atrifroga

Fernández-Couto daba resposta así a unha pregunta de Davide Rodríguez na Comisión de Agricultura da Cámara na que o deputado de En Marea criticou o cambio no modelo de aeronaves usadas na loita contra o lume, con menos capacidade de auga. “Non hai un cambio na filosofía de aeronave de loita antiincendios”, dixo o alto cargo da Xunta, á vez que valorou a súa mobilidade e resposta nas últimas campañas.

Pola súa banda, Davide Rodríguez criticou a privatización do servizo, que "non é efectivo", porque agora os lumes teñen unha media de 10 hectáreas, de maneira que se incrementaron fronte á media de ao redor de dúas hectáreas de hai uns anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta