Temas: XAVIER VENCE BNG

Xavier Vence pide a baixa do BNG descontento polo rumbo da formación

O ex-portavoz nacional do Bloque remite unha carta á dirección da organización na que explica as "varias e complexas" razóns polas que tomou esta decisión.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/03/2017 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

O ex-portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, solicitou a baixa da formación nacionalista a través dunha carta remitida á actual dirección da organización e unha semana antes de que o Bloque celebre a súa asemblea de refundación, prevista para os días 25 e 26 de marzo na Coruña. Segundo explicou o propio Xavier Vence en declaracións a Europa Press este mércores, na misiva, explica as razóns "varias e complexas" polas que tomou esta decisión.

Xavier Vence
Xavier Vence | Fonte: Europa Press.

Con todo, preguntado por estes motivos, Vence recoñeceu que se deben ao descontento co rumbo actual da formación frontista, pero rexeitou facer públicos, polo momento, estes argumentos. "As razóns son varias e complexas pero non vou facer agora ningún comentario nin declaracións específicas ata que decida se farei pública a miña carta", indicou.

Xavier Vence, que liderou a formación entre o 2013 e o 2016, era unha das voces críticas que existían no BNG e que avogaban por un cambio no modelo organizativo que posibilitase achegamentos co espazo de unidade popular de En Marea para competir contra o Partido Popular en Galicia.

Precisamente, o ex-portavoz nacional foi un dos militantes nacionalistas que secundou o 'Chamamento de Vidán', no que os asinantes consideraban necesario reforzar o espazo político do nacionalismo en Galicia e "tender pontes" entre distintas organizacións para configurar unha alternativa ao BNG

Temas: XAVIER VENCE BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

11 drojaaa

Botáronlle drogha no viño na nave de Vidán!

10 Lois.

Apoiei a Vence no manifesto de Vidán, fun dos asignantes dese manifesto, pero a dia de hoxe teño que decir co máximo respecto hacia Xabier Vence, que discrepo totalmente da decisión tomada. Nestes momentos o futuro está no BNG, e non nas mareas. Eu no seu momento defendín a entrada do BNG nas MAreas, pero a dia de hoxe, recoñezco que sería o peor erro que se podería cometer, .....As mareas están decepcionando a moita xente, especialmente en Santiago, onde Martiño, está a ser un desastre total e absoluto, en Coruña algo semellante, en Ferrol xa non digamos. En cambio por moito que critiquedes Pontevedra e o seu modelo, son copiados por medio mundo, ogallá tiveramos un Lores en Compostela,

1 FRPU

"As mareas están decepcionando a moita xente, especialmente en Santiago http://www.lavozdegalicia.es/notici... onde Martiño, está a ser un desastre total e absoluto, en Coruña algo semellante http://www.lavozdegalicia.es/notici... en Ferrol http://www.lavozdegalicia.es/notici... xa non digamos". E despois non queredes que vos digan que vivides na irrealidade.

2 eusi

Os cromañóns usando LaCoz como referencia de veracidades! Bravo, cada vez mellorades

9 nostrus

Vence foi capitan dunha nave que tiña por obxetivo destruir o construido durante séculos entre todos os españoles, incluidos tamen os galegos. Dito obxetivo non pode ser honorable e merece o respeto xustiño, tan só co aval de que estamos en democracia e en democracia caben ata eles. O RNG non é un partido integrador, nin respetuoso, é un partido excluinte e uniformador que só se basea nas suas dogmas de fe. Vence fixo ben, a pesar de calquera que coquetee co nacionalismo amosa a sua peor faciana. A dia de hoxe precísanse ideoloxias que melloren a situacion das personas, moi porriba das manias persecutorias. Precisanse ideas de progreso e non de retraso.

1 sioohh

si oh, esas ideas que fan que se triplique a audiencia da misa na TVE, programa que non via nin cristo, que non haberá cousas mais importantes no País, iso è o progreso, que se fale trapallada que vai xerar moito emprego, si oh

8 estadogalego

Respeto esta decisiòn, máis o BNG non ten porque ser un satélite de Podemos coma Anova, IU ou as mareas. Igual o problema é que Ana Pontón conecta mellor coa xente. Galiza debe ter un partido propio e ese é hoxe en día o BNG. É certo a UPG manda bastante, pero que é mellor a disciplina interna na UPG ou as coiteladas diarias entre membros de Podemos en Galiza ou destes co resto das Mareas?. Respecto a Lores o problema que tedes é que é un gran alcalde, cousa que non se pode dicir de ningún das mareas

1 comunista independentista

O Bloque non é satélite de ninguén, prefire ser o cipaio can de présa de PP/PSOE/Cs contra Anova e as Mareas.

7 Xavier Perde

Animo Xavier agora é o teu momento na MArea podes facer o que ti queiras ou ben contribuir a apuntalar o liderato de Viyares ou liderar ti un pouquiño tamén. Seguro que te reciben cos brazos abertos e estarán encantados de aturar intervencións túas dunha hora e media.