O lobo mariño Luceiro volve ao mar logo de tres meses de recuperación en Galicia

A cría, rescatada pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños en decembro pasado, será embarcada este sábado no porto de Marín para proceder a súa liberación nas augas internacionais do Grand Solé.

Por Galicia Confidencial | Nigrán | 17/03/2017 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

O lobo mariño Luceiro, que permanece en rehabilitación dende o 5 de decembro pasdo, será embarcado este sábado no porto de Marín para proceder a súa liberación nas augas internacionais do Grand Solé.

Luceiro, cría de lobo mariño rescatada en Galicia
Luceiro, cría de lobo mariño rescatada en Galicia | Fonte: CEMMA.

A asistencia e rehabilitación do animal foi levada a cabo pola Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (CEMMA), entidade coa que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ten asinado un convenio para o ano 2017. Na segunda fase de recuperación, o lobo mariño permaneceu nas instalacións do Instituto Galego de Formacion en Acuicultura (IGAFA), dende onde será transladado a Marín a primeira hora deste sábado.

Esta cría de lobo mariño macho apareceu enmallada nas redes dun pesqueiro de Cedeira do que toma o nome. Medía 100 centímetros de lonxitude e pesaba 22 kg., atopándose en mal estado cando foi atopada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta