Temas: JAVIER LOJO UPYD

UPyD quere renacer en Galicia

Javier Lojo novo coordinador desta formación en Galicia. “Son moitos os afiliados que marcharon e que agora están a volver a UPyD tras sentirse estafados por Ciudadanos”, di.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 20/03/2017 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

UPyD, a formación que fundou Rosa Díez e que chegou a ter certa implantación en concellos galegos, quere rexurdir das súas cinzas logo de que, prácticamente, quedou  desaparecida pola irrupción de Ciudadanos. 

Javier Lojo, novo líder de UPYD en Galicia
Javier Lojo, novo líder de UPYD en Galicia | Fonte: UPYD

Tras a designación como novo coordinador de UPyD en Galicia de Javier Lojo, o candidato ao Congreso por Pontevedra en 2015, esta formación procederá a modificar a estrutura organizativa do partido a nivel autonómico e establecerá conversacións para achegar posturas con diferentes institucións e partidos políticos galegos.

“A nosa principal meta é volver situar a UPyD na actualidade política autonómica. Galicia necesita un partido que defenda as verdadeiras políticas do centro-esquerda progresista e máis agora que Cidadáns demostrou ser un verdadeiro engano, unha estafa para Galicia”, destacou o novo coordinador.  “En Galicia, temos estrutura no catro provincias e a nosa meta son as próximas eleccións municipais”, engade.

Lojo chega despois da substitución do anterior coordinador rexional, Enrique Lareo, que tomou a decisión de dimitir do cargo "por causas persoais". O resto da lista confórmana a responsable de Organización Ana Argiz (Lugo), Miguel Brasa (Vigo) como responsable de Acción Política e Programa, Elena Español (Pontevedra), Borja Muíños (Marín) responsable de sociedade civil, Carlos Fontán (Pontevedra), Carlos Casar (Ourense) e Javier Gil (Vigo).

Nas próximas semanas, UPyD anuncia que percorrerá as principais cidades de Galicia para informar das súas principais propostas. Ademais,  quere animar á xente a sumarse ao proxecto, que agora lidera Cristián Brown, e que nos últimos meses está a incrementar a afiliación. “Curiosamente son moitos os afiliados que se foron e que marcharon e están a volver a UPyD. Algúns nos din claramente que sentiron estafados por Ciudadanos e que non queren apoiar a un partido que defende abertamente as políticas conservadoras do Partido Popular”, indica.

Temas: JAVIER LOJO UPYD
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

3 En cabeza, Larrauri

Que vaia tamén o médico neglixente de Vigo e nos corte unha perna aos que falamos galego

2 nostrus

Que se deixen de hostias e si queren aportar algo que se unan a Ciudadanos, que é o que tiñan que haber feito e non os houberan borrado do mapa. Houbera sido unha boa accion que se uniran os dous partidos, pero o afan protagonista da sua lideresa esnaquizou todo. Si voltan para sumar benvidos sexan, pero si é para dividir que vaian rañala.

1 VivaMiPatria

puñe-tero nostrus, eres un inoperante! aparte de un mentecato por utilizar expresiones como utilizas (vaian rañala, deixen de hostias...) y que mal te hizo a ti Rosa Díez? es la única que defiende España. Ya veo que tú no eres más que un besa-nacionalistas acobardado. Y habla en español! que para algo estamos en España! Fuera nostrus! Viva España y Viva UPyD!

1 Doña Rogelia

E os que se meteron en Podemos?