O Consello da Cultura pide un cambio no modelo de ensino infantil para mellorar o uso do galego

Un informe deste organismo aposta pola "afectividade" e a "emotividade" para incrementar o uso do galego por parte dos máis novos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2017 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

Un informe do Consello da Cultura Galega (CCG) aposta pola "afectividade" e a "emotividade" para incrementar o uso do galego por parte dos mozos, á vez que chama a "cambiar o modelo de ensino" da lingua en infantil para conseguir este obxectivo.

Festa de apertura da escola Semente de Trasancos, en Narón
Festa de apertura da escola Semente de Trasancos, en Narón | Fonte: facebook semente trasancos

Segundo este informe, a vía "máis eficaz" para incrementar o uso do galego entre os mozos é "a creación dun espazo de solidariedade co galego", movido pola "afectividade e a emotividade", por enriba das vías máis institucionais, como o ensino e os medios de comunicación.

O informe revela "un patrón maioritario de valoración positiva do galego" entre os mozos, "mesmo entre os castelanfalantes", aínda que son "pesimistas sobre o seu futuro".

O hábitat de residencia móstrase como o marcador máis relevante para entender os usos lingüísticos da mocidade, onde o urbano é o hábitat con menos uso do galego, fronte ao rural. A falta de trasmisión xeracional, de pais a fillos, relévase como a causa fundamental da desgaleguización.

Segundo o Consello, a escola é "un lugar importante para a aprendizaxe da lingua", pero "non funciona como lugar de dinamización do uso do galego" e "non contribúe a cambiar o estatus da lingua".

O informe aposta por cambiar o modelo de ensino entre os 0 e os 6 anos en favor dunha oferta de educación infantil en galego. "As estatísticas revelan que as familias preparan aos nenos para o cambio tamén lingüístico que esperan na escola, o cal supón un importante factor de desgaleguización", apuntaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

1 Nexus 6

Supongo que la oferta esa de educación infantil en gallego, independientemente de cual sea la lengua propia del niño, tendrá carácter voluntario, ya que mucho me temo que algunos desearían la inmersión obligatoria en la lengua regional; y eso, por mucho “cariñito” que le pongan... Por otra parte, eso de “galeguizar” suena un poquito fascistoide ¿para ser gallego hay que hablar la lengua regional? O dicho de otro modo ¿No se puede ser o sentirse gallego y hablar español? ¿Incluímos en la galeguidade comer pulpo, cocido, filloas y tocar la gaita? Los niños gallegos deberían poder educarse en la lengua oficial que cada uno tenga como propia o materna, sea gallego o español; pedagógicamente es lo más aconsejable e ideológicamente, la liberta del individuo debe estar por encima de la promoción de cualquier lengua.

1 nostrus

Eso que tu dices va en contra de las tesis del gran Castelao, aquel que dicia que "si somos gallegos es gracias al idioma". Por algo Castelao tenia un ramalazo fascistoide de cuidado. Se es gallego y se es español independiente del idioma que se tenga como propio.

2 Vostrus

Ide-vos deitar, melrinhos. Nom é hora de as criancinhas estarem em pé.

3 trolls de terceira B

Si, que marchen durmir porque non están cando tenhen que estar. Son unha fraude. Son dous trolls cotrosos.