Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2017 | Actualizada ás 19:38
A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, criticou que a viceportavoz do Partido Popular na Cámara galega, Paula Prado, "confunda as redes" sociais para abrir debates que, na súa opinión, "deben darse" no Parlamento de Galicia.
A tamén deputada de En Marea remitiu este martes un comunicado aos medios no que fai referencia a unha discusión que mantivo con Paula Prado na rede social 'Twitter' por mor da foto publicada por Ramón Espinar dunha mariscada en Galicia.
Respecto diso, Santos convida á deputada do PP a "aprender a diferenciar os rexistros e espazos de comunicación" e pediulle que "se comporte co decoro institucional que o PP tanto esixe para os demais".
Así mesmo, critica o "talante pouco democrático" e "terxiversador" de Paula Prado, á que ve "falta de discurso" máis aló "do insulto" ou do "argumentario de partido" cando "é consciente de que non pode rebater o que se lle bota en cara".
RAJOY CITADO A DECLARAR
Por outra banda, no comunicado, Carmen Santos destacou que "os cidadáns que a elixiron" danlle a "lexitimidade", primeiro como secretaria xeral do seu partido e despois como deputada. Ademais, tamén lle afeou que, a diferenza do Partido Popular, ela pertence a unha organización que "non está imputada".
Por último, afeoulle que pretenda "dar leccións de nada" con "a que está a caer no PP". Así, fixo referencia á citación a declarar como testemuña do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, "nun dos maiores casos de corrupción do Estado".
Velaquí os chíos de Prado e algunhas das respostas de Santos mediante retwitts:
Non me sorprende @PauloqcGZ @obloque https://t.co/bCyEhQZ2MJ
— Paula Prado del Río (@paulapra2) 17 abril 2017
Bloquéame otra vez porq no eres interlocutora válida.Pide disculpas por llamar asesinos de mujeres a @ppdegalicia @CarmenSantosQ @kikonovoa
— Paula Prado del Río (@paulapra2) 17 abril 2017
@paulapra2 @ppdegalicia @CarmenSantosQ @kikonovoa A ver....un listado de interlocutores válidos: pic.twitter.com/XAL0wyHgAb
— Rogelio Santos (@QueirugaRogelio) 17 abril 2017
@paulapra2 @ppdegalicia @CarmenSantosQ @kikonovoa Veña, outro listado de interlocutores válidos : pic.twitter.com/XXa3Lhl5cb
— Rogelio Santos (@QueirugaRogelio) 17 abril 2017
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.