Por Carlos Vázquez Padín | Tui | 02/04/2010
o señor Caballero pronunciou unha frase que reflectia ben as claras a sua concepcion de Galicia e do seu papel no estado; “e que nos estamos moi lexos (sic), estamos a 600 quilometros”, a frase non viña a conto, ninguen lle preguntara nada relacionado con Madrid, era unha frase solta, descontextualizada polo propio orador, era tan lamentable como que a concepcion xeoestratexica do Pais de alguen que aspiraba a gobernalo consistia en que estamos a 600 quilometros de Madrid, nada do Eixo Atlantico, nada da necesidade prioritaria das conexions transcantabricas para conectarnos aos mercados europeos.
Moi ligado ao provincianismo exemplificado na anédota anterior, encontramonos con outra mentalidade dañina, tratase do localismo, este consiste na estreitez de miras dos que pensan que o mundo acaba onde acaba a sua cidade, vila ou aldea; este localismo vai alen da san e natural competencia que motiva a facer mellor as cousas que os demais e que empurra cara a excelencia, os localistas con frecuencia caen na mesquindade, os localistas non se limitan a reclamar o mellor para a sua cidade, o que seria natural, senon que caen na grave irresponsabilidade de trasmitir inquina e mesmo xenreira contra outras e non se dan conta de que o establecimento dunha mentalidade cooperativa axudaria moito ao progreso de todos e mais nunha Galicia que ao non contar cunha grande urbe ten que apostar pola complementariedade das que ten.
O paradigma desde pensamento corto de miras é Francisco Vazquez, que usou de forma irresponsable e podemos dicir que antigalega, o orgullo ferido da cidade da Coruña ao non ser nomeada capital autonómica, para crear e fomentar un localismo exacerbado que estaba convenientemente acompañado de boas doses de antigaleguismo e de cosmopaletismo, o mérito de Francisco Vázquez foi crear o virus e espallalo e son agora dous socialistas máis; Caballero e Losada os que recollen a testemuña coa pelexa polas sedes da futurible caixa única galega, colocando ao PSOE nun lugar de privilexio no ranking dos contribuintes á desvertebración e división interna do noso país.
Os danos que o localismo ten causado e continua a causar no nefasto uso dos nosos recursos públicos é insostible e inaceptable; sete cidades universitarias, tres aeroportos, dous portos exteriores a trece kilómetros de distancia por só nomear os exemplos máis claros do desperdicio de fondos públicos causado polo virus do localismo que contamina aos tres partidos do parlamento autonómico incapaces de plantexar unha sóa política pública na que conciban Galicia como un conxunto. Eu propoño para combater aos localistas un novo concepto xeográfico chamado Eixo Atlántico Galego (EAG), desde Vigo a Ferrol cun só aeroporto moito mellor que calquera dos tres actuais, cunha soa universidade moito mellor que calquera das tres actuais, cun só porto exterior, etc e que esté comunicada por ferrocaril rápido para que todos eses servizos centralizados e mellorados sexan accesibles dunha forma económica e rápida para todos os cidadans dese EAG e das cidades do interior.
O obxectivo é simple, un servizo de maior calidade a un menor custo que nos faga máis competitivos e produtivos, é unha evidencia que non temos tamaño democráfico para triplicar todos os servizos se non é a custa de baixar enormemente a sua calidade e aumentar enormemente o custo do seu mantenimento. Son moitos os economistas que destacan a importancia da concentración de poboación e polo tanto de coñecimento no desenvolvimento económico, Vigo ou A Coruña son cidades demasiado pequenas para competir no mundo globalizado, precisamos o EAG e estou seguro de que a sede da, ainda hipotética, caixa galega única estará nel.