Por Xesús Veiga | Santiago | 24/05/2010
Ademais do xiro radical practicado no discurso anterior, ZP exhibiu unha improvisación incríbel nunha persoa que dispón dun grupo humano dedicado a pensar as 24 horas en todas as variantes posíbeis da axenda política presidencial.Por qué non aproveitou a tribuna do Congreso para anunciar –como medida compensatoria mínima- unha xenérica modificación do tratamento fiscal das rendas e patrimonios mais elevados?Demorar unha semana semellante aceno simbólico multiplicou a imaxe dun dirixente derrotado e alimentou a perda de credibilidade nos seus territorios electorais.A día de hoxe, non cabe descartar un cambio de cartel do PSOE para uns comicios que poderían ser adiantados e coincidir coa cita municipal do derradeiro domingo do mes do Maio do vindeiro ano.
No PP xa están peiteando os cabelos e preparando os traxes –procurando, iso si, que non procedan dos xastres de Camps e dos demais compañeiros mártires do “affaire” Gürtel- para tomar asento nas cadeiras da Administración central.Excitados pola proximidade do trunfo non reparan nalgunhas verdades incómodas do seu pasado recente.Non lles gustan as lembranzas daquel recen chegado Aznar que, no ano 1996, reduciu o déficit vendendo empresas públicas que obtiñan substanciosos beneficios, conxelando as pensión e as retribucións dos empregados públicos.Ou sexa:aplicando a mesma lóxica que agora utiliza Zapatero.Tampouco queren falar das aventuras do ex-ministro Rodrigo Rato cando dirixiu o FMI dende Xuño do 2004 a Outubro do 2007, precisamente no momento previo ao estoupido da burbulla financeira nos USA.O grande cerebro económico dos populares non sabía ou non quería avisar do que estaba vendo.Por se acaso, dimitiu antes de rematar o mandato para curar o estres no balneario de Cajamadrid.
Hai mais verdades incómodas para este PP que prepara a execución da súa axenda oculta.Por exemplo:a burbulla inmobiliaria que padeceu a economía española foi posíbel pola súa colaboración activa dende o goberno central e dende Comunidades como a valenciana, murciana ou madrileña.Ou tamén:o actual buraco das finanzas públicas gregas foi a herdanza dramática do seu partido irmán nese país mediterráneo.
Sabiamos, dende sempre, que a política realmente existente é o mais parecido que hai a unha representación teatral.Escoitar a Rajoy denunciar o papel do goberno español como protectorado da UE despois de ter sido ministro daquel Aznar que aceitou, en primeiro tempo do saúdo, as ordes de Bush para ir á guerra no Iraque é suficiente motivo para abandonar a función e pedir o reintegro da entrada.