Por Galicia Confidencial | Vigo | 29/06/2017 | Actualizada ás 13:43
O proxecto i-SMALL xa navega. A cargo do grupo de Oceanoloxía do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo, empezou a súa singradura polas augas da ría de Vigo a bordo do buque oceanográfico Mytilus.
O proxecto i-SMALL 'Importancia do pequeno nun océano en cambio: desentrañando a variabilidade de curta escala e o papel do plancto pequeno' está liderado por Carmen González Castro e financiado con fondos FEDER achegados polo Ministerio de Economía, Industria y Competitividad cun total de 289.000 euros.
Unha das preguntas que se fai o grupo de Oceanoloxía é saber quen son os organismos máis pequenos da comunidade microbiana, nano- e picoplancton, empregando simultaneamente técnicas moleculares, HPLC, citometría e epifluorescencia. De feito, o grupo pregúntase: "Saberemos quen está aí neste mar estrelado da ría de Vigo?".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.