O coordinador científico da Rede de estacións biolóxicas da Universidade de Santiago asegura que "en Galicia hai "augas máis acedas" e a que "durante 40 anos estiveron a abonarse os campos de cultivo en Europa e Estados Unidos con excrementos de aves mariñas que viñeron de Perú".
  comenta   0
Tamén haberá unha visita guiada ao propio mosteiro e unha experiencia inmersiva ao mundo submarino da ría de Vigo mediante a realidade virtual.
A Xunta e a Fundación Traslatio promoven visitas a este observatorio, instalado no Porto de Vigo, con talleres e actividades de divulgación que levan a cabo desde o pasado 16 de xuño e estenderanse ata o próximo 30 de setembro.
Capital Energy manifestou a súa intención de crear un parque eólico mariño flotante entre a ría de Vigo e a fronteira portuguesa.
Desde o primeiro rexistro en augas galegas dun exemplar desta especie, en 2018, contabilizáronse numerosos individuos que iniciaron un proceso de asentamento nas rías, advirten investigadores mariños.
  comenta   0
O fondo das rías galegas é un colector de lixo. Iso pode verse mediante as accións de limpeza realizadas nelas durante os últimos anos. A recollida de materiais de todo tipo, as verteduras incontroladas e outras accións contaminantes, obrigan agora a levar adiante programas de recollida para permitir recuperar polo menos unha parte da superficie danada.
  comenta   0
Os investigadores confirman o primeiro rexistro en Galicia de infestación de vieiras por 'Polydora hoplura', na ría de Vigo, e temen que se estea espallando por outros puntos. Este verme afecta a moluscos bivalvos, nos que se instala perforando as súas cunchas, comprometendo o seu desenvolvemento e existencia.
  comenta   0
Investigadores do IEO confirman que a maioría de microplásticos na ría de Vigo son fibras e láminas de pintura. Un 30 % dos plásticos analizados resultaron son polietileno (PET).
Ante a posibilidade de que afecte a "restos arqueolóxicos non documentados", Redondela pide unha prospección submarina das zonas e un fondeo dos pesos mortos e as liñas de cultivo, así como un informe anual de incidencias ambientais.
A cita será o 24 de xullo e os espectadores non coñecerán a identidade do artista, que presenta novo disco, ata que suban ao barco.
A súa chegada á Ría viguesa coincidiu coa do iate 'Sy A', propiedade do empresario ruso Andrey Melnichenko, onde ambos os buques espertaron unha gran curiosidade entre os cidadáns.
Non é tóxica. “Durante a noite observouse unha intensa ardora, dado que as células non se dispersaron demasiado e podía verse aínda cor na auga á noitiña”, sinala Francisco Rodríguez do Centro Oceanográfico de Vigo.
As instalacións oriéntanse a un mercado "con expectativas de estabilidade" e proporcionarán carga de traballo ás auxiliares
Segundo as informacións facilitadas a Galicia Confidencial afundiuse un pequeno barco de pesca e dous homes foron trasladados ao hospital.
  comenta   0
A Plataforma en Defensa da Ría de Vigo instou aos plenos municipais dos concellos a rexeitar a creación de máis recheos portuarios na baía viguesa, e urxiu a posta en marcha da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves, para que o progreso do Porto non dependa de seguir gañando terreo ao mar.
Científicos identifican unha "prevalencia significativa" do virus da hepatite E en moluscos bivalvos das rías de Ares-Betanzos e Vigo, cuxa fonte de infección poderían ser granxas porcinas próximas. Advirten de que os procesos de depuración aos que se someten os moluscos destinados ao consumo humano “non son completamente efectivos para a eliminación viral”.
  comenta   3
O cadáver foi atopado por un bateeiro ás 8:30 deste venres no peirao de Vieirasa.
A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES”, en colaboración con Greenpeace, detectou puntos de vertido contaminante procedentes da rede de saneamento e das estacións depuradoras do concello de Vigo.
A Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo 'Cíes' expresou o seu rexeitamento "absoluto" e "frontal" a "calquera recheo sobre a lámina de auga" na baía viguesa.
"Para que a depuradora funcione ben hai que separar a auga de choiva das augas fecais, algo que non se fai en Galicia, onde é un problema xeral, non se salva ninguén", lamenta Serxio Regueira, presidente da Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo.
A Plataforma en Defensa da Ría de Vigo advirte de que, a pesar da EDAR, prodúcense vertidos porque non hai unha correcta separación de augas pluviais e fecais.
A Plataforma presentou unha serie de alegacións ao plan estratéxico que elabora a Autoridade Portuaria para dirixir as súas actuacións durante os próximos dez anos.
A diminución dos exemplares de especies tradicionais na ría e a aparición doutras, algunhas tóxicas e outras foráneas, entre os efectos da contaminación e o cambio climático.
Un total de catro polígonos de bateas reabriron á extracción este venres na ría de Vigo, logo de concluír que xa non hai presenza da toxina paralizante tan prexudicial para o cultivo do mexillón
  comenta   0
Esixe "menos triunfalismos" e lembra que solicitou á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo a reapertura e revisión dun informe de 2013 sobre as rías galegas.
  comenta   3
Científicos destacan o sistema de correntes e circulación da auga na ría de Vigo e a súa “boa saúde”. A cidade acolle o VI International Symposium on Marine Sciencies,
Un estudo analiza como eran e evolucionaron os bosques primixenios desta contorna e explica a desaparición do carpe.
  comenta   0
Representantes dos tres partidos políticos portaron a pancarta que encabezaba a manifestación en defensa dos bancos marisqueiros. Os manifestantes esixen estudos ambientais e alternativas.
  comenta   1
Científicos do CSIC en Barcelona aportan o primeiro estudo sobre depredación de ovos de sepia por invertebrados. Os resultados indican que o cangrexo azul é unha ameaza potencial para os chocos. Esta especie exótica invasora foi identificada recentemente en augas de Galicia por vez primeira. Científicos xa alertaron da "pasividade das autoridades" ante as novas invasións de especies foráneas nas nosas rías.
  comenta   1
Sinalan "falta de estudos e garantías" para o mantemento do caudal ecolóxico, así como os "posibles efectos" sobre o ecosistema na enseada de San Simón e a Ría de Vigo.
  comenta   0
O proxecto, denominado SUBACID, está coordinado polo Trinity College de Dublín, conta coa participación do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e coa colaboración da asociación Amigos da Terra, con financiamento da Unión Europea e do Goberno de Irlanda.
  comenta   2
Investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC presentan os resultados dun estudo que demostra que esta resposta é moito menor en tempo do que aseguraban estudos científicos previos. As zonas afectadas por fenómenos de afloramento costeiro son as áreas máis produtivas do planeta.
  comenta   0
O proxecto i-SMALL do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC comeza súa singradura.
  comenta   0
As augas de Galicia recibiron nos últimos anos novas especies de crustáceos, moluscos e de diferentes filos zoolóxicos de invertebrados nunca antes observados aquí. Os expertos apuntan a un proceso de "tropicalización" polo quentamento dos océanos. As dúas últimas identificadas e descritas polo Grupo de Estudo do Medio Mariño son o lagostino e o cangrexo azul, este último, especialmente agresivo e cuxa expansión tería consecuencias ecolóxicas e económicas "inimaxinables", alertan os científicos do GEMM, que lamentan a pasividade das autoridades.
  comenta   1
O Consejo Superior de Investigaciones Científicas conseguiu importantes achados tras catro anos de investigación para determinar o impacto da oceanografía sobre a distribución e ecoloxía das larvas de polbo común.
  comenta   0
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños desenvolve un proxecto de monitorización destes cetáceos para cuantificar os exemplares e mandas, e descifrar o seu proceso de renovación poboacional.
  comenta   0