Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2020 | Actualizada ás 12:08
Axentes de Gardacostas incautaron máis de 450 quilos de peixes e mariscos que non cumprían os requisitos legais en diferentes controis na costa galega, nuns operativos nos que tamén foron requisados preto de 14.000 metros de artes de enmalle e 345 útiles.
Segundo informa a Consellería do Mar, a ría de Arousa foi a zona na que houbo máis comisos no últimos sete días, con 250 quilos de produtos do mar requisados e 7.900 metros de enmalle.
Un dos controis máis destacados tivo lugar na illa de Sálvora, onde se localizaron nasas con 15 quilos de centolla, 12 quilos de polbo e un quilo de nécoras sen identificar.
Na Costa da Morte interviñéronse 80 quilos, 36 útiles e 5.000 metros de artes de enmalle. Malpica, Corme e Laxe foron algúns dos puntos con maior incidencia.
O operativo de Gardacostas tamén abrangueu a ría de Pontevedra, onde foron requisados 90 quilos de mariscos. Os axentes tamén recuperaron preto de 20 quilos de polbo na ría de Vigo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.