"A contaminación por augas residuais na ría de Vigo é tan grave, que a UE podería volver condenar a España"

Greenpeace denuncia as verteduras contaminantes nas rías galegas e alerta da situación que se vive nas de Arousa, Pontevedra e, principalmente, Vigo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/01/2019 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

A organización ecoloxista Greenpeace denuncia verteduras de augas residuais ao mar en todas as provincias costeiras de España, incluídas as galegas.

Ría de Vigo
Ría de Vigo

En Galicia, destaca o caso de Pontevedra, porque "as consecuencias das verteduras, ademais de comportar malos cheiros e o peche de praias ao baño, afectan o marisqueo, base económica da zona", expoñen os ecolixistas.

Greenpeace sinala as rías de Arousa, Pontevedra e Vigo como as máis afectadas, xa que, segundo esta organización, teñen unha decena de núcleos afectados por verteduras durante o pasado ano 2018.

Os ecoloxistas subliñan o que acontece na cidade de Vigo, a cal, "aínda que foi inicialmente incluída" nunha sentenza da Unión Europea sobre este asunto en 2011, "deixouse fóra da multa do verán pasado". "Con todo", prosegue, "a contaminación por verteduras de augas residuais urbanas da ría da cidade é tan grave, que o Parlamento Europeo está a estudar a situación e podería volver condenar a España".

Greenpeace esixe que as administracións responsables tomen "decisións ambiciosas e efectivas". “É necesario un rigoroso cumprimento da normativa europea e uns sistemas de xestión de verteduras centradas en acabar coa contaminación do medio mariño. Para iso, é imprescindible un maior investimento en infraestrutura que asegure unha depuración efectiva e unha ordenación do litoral que controle a masificación urbanística e poña límite a novas fontes de verteduras ao mar”, conclúe  Paloma Nuche, responsable da campaña de Costas de Greenpeace.

Esta semana cúmprense seis meses desde que a Unión Europea multou a España a pagar 12 millóns de euros polo incumprimento da directiva comunitaria sobre depuración de augas residuais. "E poucas cousas cambiaron", láiase Greenpeace. Medio ano despois, sábese xa que España seguirá pagando a multa ata 2022.

Só en 2018, Greenpeace contabilizou polo menos 90 impactos por verteduras de augas residuais urbanas en ao redor de 80 municipios distribuídos polas 23 provincias costeiras (aproximadamente o 20% dos municipios costeiros). 

“Tanto por motivos de saúde pública como de protección do medio ambiente, a calidade da auga debería ser o obxectivo fundamental da súa xestión. Con todo, España está aínda lonxe de conseguilo. De feito, en moitos casos revelouse a pasividade das administracións responsables durante anos, como ocorreu coas verteduras do Val do Güímar, en Tenerife, ou os de Mallorca”, explicou Nuche.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Meigo

Que los de Greenpeace se pasen por Chapela a denunciar.. La depuradora echa mierd@ los 365 dias del año las 24h a escasos 5 metros de la costa, con una playa pegada que van niños y familias en verano... y aqui no hace nada ni dios.

1 Gamela

mirade se será vello este conto... que xa o puxemos no VigoDenunciaHistórico! https://flic.kr/p/QpAGAj