Un paso adiante a prol do eucalipto, que non dá a USC

Cando máis ardente está a polémica sobre o eucalipto, debido aos máis de 60 mortos polo lume en Portugal, sete colectivos do sector forestal, sindical e da Universidade de Santiago dan un inédito paso á fronte en Galicia cunha campaña publicitaria nalgúns medios en defensa desta polémica árbore.

Por Alberto Quián e Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 06/07/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Estas organizacións saen a prol do eucalipto, ademais, nun intre clave e rascando o peto. La Voz de Galicia, Faro de Vigo e outros xornais en papel publicaron esta semana unha páxina de publicidade completa e a toda cor a favor desta polémica especie. O seu argumento principal é que os eucaliptos non favorecen os lumes, xa que "a maioría dos incendios se producen nas zonas abandonadas, non nos eucaliptales". O lema da campaña: "Datos, non opinión".

Anuncio pro eucalipto na Voz de Galicia esta semana
Anuncio pro eucalipto na Voz de Galicia esta semana

Os asinantes desta campaña nos grandes medios a prol do eucalipto son a: AFG - Asociación Forestal de Galicia,  ASEFOGA - Asociación Sectorial Forestal Galega, ASEMFO - Asociación Nacional de Empresas Forestales, Asociación Provincial de Empresarios de la 1ª Transformación de la Madera de Lugo, Asociación Galega Monte Industria, Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, PROMAGAL - Federación de Asociacións  de   Produtores de Madeira de Galiza, SERFOGA - Asociación de Empresas de Servicios Forestais de Galicia e Universidade de Santiago PEMADE - Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural da USC.

A maioría dos lectores percibiron que a USC apoia o eucalipto, o que desatou unha avalancha de críticas en redes sociais. Por exemplo:

GC púxose en contacto coa Universidade para dar o seu punto de vista. Fontes oficiais da USC aclaran que “a Universidade, como tal, non ten ningunha opinión sobre os eucaliptos ou sobre a nada, simplemente respecta a liberdade de investigación dos seus grupos investigadores”.

Plantacións de eucalipto no norte da Península
Plantacións de eucalipto no norte da Península

Ademais de tomar distancia sobre o anuncio, dende a Universidade explican que o logo que aparece no anuncio en realidade é só o de PEMADE, que de seu inclúe o logotipo da propia USC. 

APOIA OU NON A USC O EUCALIPTO? 

“Como institución non podemos posicionarnos,” argumentan dende a Universidade, responsabilizando en exclusiva  a PEMADE.

PEMADE é un grupo de investigación do campus de Lugo relacionado coa enxeñería da madeira. No seu sitio web destaca o seu compromiso contra o cambio climático. Está  dirixido por Manuel Guaita, catedrático de Enxeñaría Agroforestal lucense. Entre as institucións colaboradores deste grupo de investigación hai varias empresas madereiras. 

GC contactou con Guaita para que explicase o seu punto de vista. Por que os enxeñeiros de plataforma da USC PEMADE prestaron a súa sinatura a esta campaña pro-eucalpito? O director de PEMADE, responde  que, en primeiro lugar, porque o que se presenta no anuncio “son só datos e non opinións”.

O catedrático da Universidade, do Departamento de Enxeñaría Agroforestal, engade que PEMADE forma parte do Clúster da Madeira -promotor da inserción publicitaria- e insiste en que o anuncio “non presenta opinións; nese caso igual faría outro plantexamento”.

Guaita, profesor da Escola Politécnica Superior de Lugo, di entender a polémica sobre o eucalipto, pero evita afondar nela. Agora ben, considera necesario que na sociedade se “abra un debate en base aos datos” e insiste en que PEMADE non se pode negar a asinar un texto baseado neles.

APOIO DUN SINDICATO E DA MAIOR ASOCIACIÓN DE COMUNIDADES DE MONTES

A gran maioría dos asinantes do anuncio están vinculados coa patronal da madeira e forestal. Con todo, non é o caso de Pemade-USC, ASEFOGA (un colectivo vinculado ao sindicato Unións Agrarias) e  AFG (colectivo que xunta a comunidades e propietarios particulares de montes, sendo a maior deste tipo no país). 

A publicación deste anuncio agora non é trivial. Ademais do sucedido en Portugal, a Xunta ten previsto publicar o agardado novo Plan Forestal este verán. 

A intención do Goberno era limitar a expansión do eucalipto no interior, onde está a gañar terreo debido a unha nova subespecie que soporta as xeadas. Visto o visto, unha  moratoria a esta árbore pode suscitar resistencia por parte dunha parte do tecido forestal, da madeira, sindical e mesmo académico. 

Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/
Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

7 Sáo Kaeitano

A miseria é que a administração não foi quem de apresentar um plano de futuro para o monte. Completamente inepta e incapaz, só deu a opção dos cartos rápidos e envelenados que ofertaba uma industria que viu que na GZ podia fazer o que não lhes deijaban fazer noutros sitios. Uma página de publicidade na coz, o "acordo" continuará com "noticias" que publicara o jornal contando as bondades do eucalipto. Estade atentos.

1 são Kaeitano

e a gente do rural... pois excusamos os velhos porque não podem... excusamos os outros porque marcharam... excusamos os outros porque não sei que... e é todo verdade, mais o caso é que ninguem fai nada, deijando a oferta do eucalipto como a única solução ou única fonte de cartos. Todas essas organizações de comunidades de montes e ninguém tivo uma ideia que não for medrar os eucaliptos da ence. Tirade a venda dos olhos porque estamos ante um caso de miseria dum povo.

6 Selva Negra

E que se pode facer: traballar no Parlamento con gañas e coñecemento, revitalizar o banco de terras e poñer en valor o noso agro. Deixo un exemplo do primeiro (a ver se algúns e algunha toman nota... Mellor non a tomades, votar se o mandan os medios rexionais e os de Madrí votanvos igual): http://www.sermosgaliza.gal/articul... E con respecto ao segundo, malia ser unha defensora do consumo de proximidade e practica co exemplo non me pecho a outras posibilidades: http://www.lavozdegalicia.es/notici... Por todo isto precisamos unha forza nacionalista forte, para non quedarmos atrás cando haxa un cambio na estrutura territorial e que cando un goberno de progreso chegue á Xunta poda tomar medidas pequenas, pero que poden crear moito traballo. Pola unión!

5 Berenguela

As mentiras sobre o dano do eucalipto non se sosteñen. Portugal, o país ao que Galiza quixera parecerse, avanzado nas letras e na ciencia, está chea desta árbore que o actual goberno de esquerda apoia. Os lumes en Galiza causan moitos máis mortos que no país irmán, pero que a Xunta agacha coa complicidade dos medios que compra, como moi ben informa GC.

1 anónimo_Gazarita

Home, non é propiamente Galiza senon Espanha a que quixera ter feito tanto con tan pouco. Pero Espanha, xa se sabe, tiña que gañar o ceo perseguindo herexías: Moito traballo ata para Quevedo. Os medios comprados, impiden que se fale dos incendiarios en Galiza e de moitas cousas mais, como o caso do roubo de papeis nos xulgados, o emprego dos cartos roubados en gañar elecións...etc . Como haixa vaga de lumes este ano en Galiza poderemos comprobar a quén lle dan a razón os galegos: aos que querían cambiar o medio rural ou aos que queren empregar centos de millóns cada ano en combatir lumes, para non parecer "radicales galleguistas". Pode que eu non saiba moito do que está por vir...pero de que lembro o que pasou si que o lembro, ata lembro por qué beira do camiño iba o que matóu duas mulleres no 2006, home apoiado por un alcalde do PP que vai coa mesma veira.

4 Estralampa

Dados que não fornecem: 1. Qual é o rendemento neto meio por superficie e ano das fincas adicadas a madeira para ENCE (eucalipto e mixtas)? Relativo a outros usos do campo? 2. Qual foi a evolução deste rendemento neto no tempo? 3. En que medida o cultivo do eucalipto repercutiu no tecido produtivo do rural? 4. Qual é a taxa de criação de postos de trabalho por superficie dos cultivos de eucalipto? e relativo a outras explotações agrarias? 5. Qual é o gasto público na proteção contra os incéndios? 6. Qual foi o benefício de ENCE vs cultivadores de madeira nas últimas décadas?

3 Mac- Eijan

Efectivamente! datos son datos y lo demás carajos!!! Está científicamente demostrado que la gasolina, entre otros acelerantes, acaba rápidamente con el fuego (obviamente puesto que acelera la combustión y por tanto elimina en segundos el material combustible!!!). Alguien puede negar está certeza??? No verdad? Pues eso

1 Beipolar

Xa che digo macho. Tamén é un dato certo que o eucalipto, A CURTO PRAZO, é unha das especies que mais CO2 sintetiza. Hai moitos datos e moitas verdades no referente ao eucalipto. Entre eses datos: que os eucaliptos secan as augas freáticas e empobrecen o solo, destrúen a vexetación orixinaria do hábitat onde se sitúan, provocan a ruptura da cadea trófica polo desprazamento das especies do hábitat orixinario, e un largo etcétera. A Xunta e os medios que lle fan o xogo tómannos por parvos.

2 SON

Para "Eucalipto con xeito" (por certo, na Mariña non arden tanto os eucaliptais como noutras zonas de Galiza fundamentalmente debido a que o clima do N de Galiza, o que se denomina sector Galaico-Asturiano é moi diferente ao resto carecendo da sequía estival que favorece os indendios de finais do verán e principio de outono) e os demais que nos venden aqui o que non compran en ningun sitio avanzado: sigo despois...