Un paso adiante a prol do eucalipto, que non dá a USC

Cando máis ardente está a polémica sobre o eucalipto, debido aos máis de 60 mortos polo lume en Portugal, sete colectivos do sector forestal, sindical e da Universidade de Santiago dan un inédito paso á fronte en Galicia cunha campaña publicitaria nalgúns medios en defensa desta polémica árbore.

Por Alberto Quián e Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 06/07/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Estas organizacións saen a prol do eucalipto, ademais, nun intre clave e rascando o peto. La Voz de Galicia, Faro de Vigo e outros xornais en papel publicaron esta semana unha páxina de publicidade completa e a toda cor a favor desta polémica especie. O seu argumento principal é que os eucaliptos non favorecen os lumes, xa que "a maioría dos incendios se producen nas zonas abandonadas, non nos eucaliptales". O lema da campaña: "Datos, non opinión".

Anuncio pro eucalipto na Voz de Galicia esta semana
Anuncio pro eucalipto na Voz de Galicia esta semana

Os asinantes desta campaña nos grandes medios a prol do eucalipto son a: AFG - Asociación Forestal de Galicia,  ASEFOGA - Asociación Sectorial Forestal Galega, ASEMFO - Asociación Nacional de Empresas Forestales, Asociación Provincial de Empresarios de la 1ª Transformación de la Madera de Lugo, Asociación Galega Monte Industria, Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, PROMAGAL - Federación de Asociacións  de   Produtores de Madeira de Galiza, SERFOGA - Asociación de Empresas de Servicios Forestais de Galicia e Universidade de Santiago PEMADE - Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural da USC.

A maioría dos lectores percibiron que a USC apoia o eucalipto, o que desatou unha avalancha de críticas en redes sociais. Por exemplo:

GC púxose en contacto coa Universidade para dar o seu punto de vista. Fontes oficiais da USC aclaran que “a Universidade, como tal, non ten ningunha opinión sobre os eucaliptos ou sobre a nada, simplemente respecta a liberdade de investigación dos seus grupos investigadores”.

Plantacións de eucalipto no norte da Península
Plantacións de eucalipto no norte da Península

Ademais de tomar distancia sobre o anuncio, dende a Universidade explican que o logo que aparece no anuncio en realidade é só o de PEMADE, que de seu inclúe o logotipo da propia USC. 

APOIA OU NON A USC O EUCALIPTO? 

“Como institución non podemos posicionarnos,” argumentan dende a Universidade, responsabilizando en exclusiva  a PEMADE.

PEMADE é un grupo de investigación do campus de Lugo relacionado coa enxeñería da madeira. No seu sitio web destaca o seu compromiso contra o cambio climático. Está  dirixido por Manuel Guaita, catedrático de Enxeñaría Agroforestal lucense. Entre as institucións colaboradores deste grupo de investigación hai varias empresas madereiras. 

GC contactou con Guaita para que explicase o seu punto de vista. Por que os enxeñeiros de plataforma da USC PEMADE prestaron a súa sinatura a esta campaña pro-eucalpito? O director de PEMADE, responde  que, en primeiro lugar, porque o que se presenta no anuncio “son só datos e non opinións”.

O catedrático da Universidade, do Departamento de Enxeñaría Agroforestal, engade que PEMADE forma parte do Clúster da Madeira -promotor da inserción publicitaria- e insiste en que o anuncio “non presenta opinións; nese caso igual faría outro plantexamento”.

Guaita, profesor da Escola Politécnica Superior de Lugo, di entender a polémica sobre o eucalipto, pero evita afondar nela. Agora ben, considera necesario que na sociedade se “abra un debate en base aos datos” e insiste en que PEMADE non se pode negar a asinar un texto baseado neles.

APOIO DUN SINDICATO E DA MAIOR ASOCIACIÓN DE COMUNIDADES DE MONTES

A gran maioría dos asinantes do anuncio están vinculados coa patronal da madeira e forestal. Con todo, non é o caso de Pemade-USC, ASEFOGA (un colectivo vinculado ao sindicato Unións Agrarias) e  AFG (colectivo que xunta a comunidades e propietarios particulares de montes, sendo a maior deste tipo no país). 

A publicación deste anuncio agora non é trivial. Ademais do sucedido en Portugal, a Xunta ten previsto publicar o agardado novo Plan Forestal este verán. 

A intención do Goberno era limitar a expansión do eucalipto no interior, onde está a gañar terreo debido a unha nova subespecie que soporta as xeadas. Visto o visto, unha  moratoria a esta árbore pode suscitar resistencia por parte dunha parte do tecido forestal, da madeira, sindical e mesmo académico. 

Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/
Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

2 bidueiros por eucaliptos!!!

Canto lles pagaron... catos lereles... son enton prostituecio do partido eucalipteiro (SI O MALPARIDO PP O PARTIDO DO IMPERIALISMO EXPAÑOL NA GALIZA) caeron moi baixo, as suas titulacions non son mais que "merda" están arrastrando o nome das institucions catedralicias polo sumidoiro... caeron ainda mais baixo co vello -vieiras, e eu que pensaba que serai algo imposibel... caeron baixo moi baixo..., E NON ME VALE A EXCUSA DE QUE DECIA ALGUN "que si lle daban doscentos cincuenta euros era capaz de demostrar a virilidade e o machorrio da raina de Inglaterra"

1 Eucalipto con xeito

O problema é que os datos son datos, e non admiten crítica. Non se poden demsmontar. Botarlle a culpa ao eucalipto da incompetencia do Goberno portugués no incendio do Pedragao é un intento de desviar a atención... sen éxito.

1 CrédulosDaSiensia

Os 'datos' son o novo 'Corpiño dos milagres'. Se esa páxina leva un lembrete de 'publicidade' é por algo: din o de "zonas abandonadas" pero nin especifican nin nada. Falan do "1% que ardeu" Onde? En Galicia? En Australia? Nin unha soa relación do dato coa % de eucalipto no territorio (pista: a Xunta recoñeceu que hai 425.000 ha de eucalipto, máis do duplo previsto para 2030. Iso son datos, miñaxoia) ergo, ese"dato" non vale. E así podemos seguir. É publicidade e punto. O malo é que, coma nos santos de madeira, sempre hai crédulos que van de listos pero ca súa nugalla mental prexudicanos a todos. E a USC por carto vai a saco, polo que vemos.

2 Eucalipto con xeito

Resúmocho, xa que ti si que tes unha importante nugalla mental por riba do pescozo: -En Galicia hai incendios PORQUE A XENTE PRENDE LUME. E canto peores son as condicións meteorolóxicas, máis incendios hai e con máis duración. Nin eucaliptos, nin hostias -En Ourense, especialmente nas zonas surorientais, non hai eucaliptos. E hai incendios xigantes todos os veráns -E na Mariña, a zona con máis eucaliptos de toda Galicia, non hai incendios. Agora dalle as voltas que queiras e seguide enganando

3 CrédulosDaSiensia

Bueno, bueno, bueno agora que se os nativos sonche uns salvaxes e se en Ourense tal ou cal. Pero non eran "los datos"? Si, nugallán, que agora tiras de tópicos e de sandeces. Hai pirómanos? Si Hai incendiarios? tamén. Son o mesmo? Non. E quén nega que arda Ourense? Eu rebatín a publicidade de ence que xustificas e ademáis dasme a razón evitando dar conta dos feitos que relato e contando unha peli de medo. Lacazanaría e mala fe, marca aspaña total.