Jorge Mira, premio Ciencia en Acción

O profesor da Universidade de Santiago recibe o primeiro premio na categoría de materiais didácticos de ciencias en soporte non interactivo polo seu libro 'A que altura está o ceo?' (Alvarellos).

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/07/2017 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

Os premios de comunicación, ensino e divulgación ‘Ciencia en Acción’ volven recoñecer, unha vez máis, o traballo do profesor da Universidade de Santiago (USC)Jorge Mira. Nesta ocasión, na súa XVIII edición concedeulle ex aequo o primeiro premio na categoría de materiais didácticos de ciencias en soporte non interactivo polo seu libro 'A que altura está o ceo?' (Alvarellos editora), que escribiu en colaboración con María Canosa e contou con ilustracións de Dani Padrón.

O científico Jorge Mira
O científico Jorge Mira | Fonte: Pazo da cultura de Pontevedra- pájaros en mi cabeza

O xurado valorou o esforzo do catedrático de Electromagnestismo da USC por “narrar a historia da loita do ser humano por entender as dimensións do universo” a través de 130 páxinas de material educativo, “ben ilustrado e moi interesante”. Entre os argumentos para a concesión do galardón, Ciencia en Acción fai notar tamén que o volume deu lugar a unha das actividades do proxecto eduMOTIVAcon da Xunta de Galicia en colexios e institutos galegos, sendo programado como libro de apoio en moitos deles. 

Nesta mesma edición, Jorge Mira acadou tamén unha mención de honra na categoría de divulgación científica en prensa, radio e televisión pola súa colaboración no programa 'Longitud de onda', de Radio Clásica - Radio Nacional de España. 

Así mesmo, o tamén profesor da Facultade de Física da USC José Edelstein conseguiu nesta edición, xunto con Andrés Gomberoff, outra mención de honra na categoría de divulgación científica en libros, revistas e redes sociais polo artigo ‘Tuertos por opción’ da revista Qué pasa. Para o xurado, “defende certeiramente unha visión holística do coñecemento no que as ciencias, a arte e as humanidades fomentan a creatividade e a imaxinación cando actúan en conxunto”, informa a USC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta