Por E.P. | Cambados | 06/08/2017 | Actualizada ás 18:28
O actor José Coronado foi nomeado Caballero da Orde do Albariño este domingo en Cambados (Pontevedra) xunto coa tamén actriz Beatriz Serén, o expresidente do Celta Horacio Gómez, o viticultor José Ramón Torres Pinto e a presidenta da adega Condes de Albarei, Dolores Calvo. O acto, celebrado este domingo, estivo presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen fixo un chamamento a facer do viño galego un produto "máis internacional".
Cambados pecha este domingo a edición número sesenta e cinco da Festa do Albariño que, desde o pasado mércores, encheu de xente a localidade pontevedresa.
Como manda a tradición, os novos 'cabaleiros' e 'damas' do Albariño, ataviados coa clásica capa, recibiron a súa coroa de vide e brindaron coa súa copa do viño característicos das Rías Baixas.
O xefe do Executivo autonómico foi o encargado de nomear aos elixidos para entrar a forma parte da Orde do Albariño. Así, de José Ramón Torres Pintos, resaltou o seu coñecemento do sector vinícola e, en concreto, do viño albariño, ao que "consente desde o principio".
Sobre a presidenta da adega Condes de Albarei destacou que "sabe ben a importancia de unir esforzos polo ben común", mentres que do empresario Horacio Gómez apuntou que é unha persoa que "coñece ben que un dos camiños nos que hai que perseverar é o da internacionalización".
"Engrosar o Capítulo Serenísimo é un deber que che acompaña para sempre", sinalou Feijóo mentres colocaba a tradicional capa aos novos integrantes da Orde do Albariño.
O actor José Coronado atópase este verán rodando unha serie de televisión nas Rías Baixas na que interpreta a un narcotraficante e que será estreada nos próximos meses.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.