O nacionalismo e independentismo lembran divididos a Moncho Reboiras

Os actos celebráronse ao longo deste sábado en Dodro,onde está soterrado, Fene e Ferrol, cidade na que morreu o activista en 1975. UPG, MGS, Agora Galiza e Causa Galiza realizaron homenaxes separadas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2017 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

Decenas de persoas participaron este sábado nos diferentes actos programados en distintos puntos da xeografía galega para honrar a memoria do sindicalista Moncho Reboiras, de cuxo asasinato a mans da policía franquista cúmprense 42 anos este 12 de agosto. Uns actos que, tal e como aconteceu no Día da Patria, celebráronse marcados pola división que existe no nacionalismo e independentismo galego, a diferencia do que acontece en Cataluña.

Agora Galiza deposita unha coroa de flores onde está enterrado Moncho Reboiras
Agora Galiza deposita unha coroa de flores onde está enterrado Moncho Reboiras | Fonte: Agora Galiza

Diferentes organizacións renderon tributo por separado á figura de Reboiras con distintos actos celebrados ao longo deste sábado nos municipios coruñeses de Fene, Ferrol e Dodro, localidade natal do independentista.

Así, a Unión do Povo Galego (UPG), partido do que era militante Reboiras no momento da súa morte, realizou unha ofrenda floral no cemiterio de Imo --Dodro--, onde descansan os restos mortais dun dos impulsores do Sindicato Obreiro Galego, precusor da CIG.

Tras isto, a Sociedade Cultural Recreativa e Deportiva (SCRD) O Pote de Maniños organizou en Fene unha comida popular, á que seguiu, a partir das 16,00 horas, unha "sobremesa debate" baixo o título 'A mudanza real que a Galiza precisa' --O cambio real que Galicia necesita--. A UPG clausurou a xornada de homenaxe a Reboiras en Ferrol, onde tivo lugar unha concentración na Praza de Armas. Desde alí, os asistentes partiron cara ao lugar onde foi asasinado, un portal da Rúa da Terra, onde foi abatido por membros da Brigada Político-Social, a policía política do réxime franquista.

 MGS

Pola súa banda, o Movemento Galego ao Socialismo (MGS) --a única formación organizada que queda no BNG xunto coa UPG, da que a súa vez é unha escisión-- comezou a súa homenaxe ás 13 horas no cemiterio de Imo coa presenza de Xoán Bautista Mariño, concelleiro do BNG de Dodro que participou de cativo no enterro de Moncho Reboiras hai 40 anos, nunha parroquia tomada pola Guardia Civil; Élia Lago, da Mesa Nacional do MGS e de Isca! e Ramiro Oubiña, histórico militante sindical no seo da CIG.

"Fíxoo, máis unha vez, misturando o necesario exercicio da reivindicación cunha dose de celebración da memoria e confraternización entre os máis dun cento de asistentes, moitos deles veciños e veciñas de Moncho Reboiras e da súa familia e tamén xente procedente doutras comarcas do país que quixeron participar nunha xornada que medra ano a ano", apuntou esta organización nun comunicado.

Ademais, lembrou que este ano, como os anteriores, a homenaxe a Moncho Reboiras en Imo foi precedida dunha "intensa campaña de axitación con centro na figura de Reboiras" e que, baixo o lema “Moncho Reboiras Vive!”, realizouse na maior parte do país e, en particular, as comarcas do Barbanza e Compostela.

Agora Galiza

Tamén a formación independentista Agora Galiza, algúns de cuxos integrantes militaron antes na UPG e no MGS, realizaron outra homenaxe paralela que tivo lugar no cemiterio de Imo, pero ás 11.30 horas. Ao igual que o MGS encheron Galicia de pancartas lembrando a figura de Moncho Reboiras. "As rúas da Galiza homenageam e reivindican o Moncho rebelde, o Moncho insurgente, o Moncho combatente, o Moncho de firmes princípios ideológicos", apuntaba un dos impulsores desta organización, Carlos Morais.

Causa Galiza

Finalmente, Causa Galiza, outra das organizacións independentistas galegas tamén realizou un acto de homenaxe no cemiterio de Imo, que, a diferencia dos anteriores, tivo lugar pola tarde, ás 17.00 horas.

Homenaxe a Moncho Reboiras
Homenaxe a Moncho Reboiras | Fonte: galiza.indymedia.org

Homenaxe a Moncho Reboiras do MGS
Homenaxe a Moncho Reboiras do MGS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

4 Galispaña

Isto que fan é enaltecemento do terrorismo e punto...

3 Filgueiras

Non teńen unha foto menos casposa do pringao de Reboiras. Parece un sicario de película cutre.

1 Cutre cutre

Que falta de respecto. Que clarísimo exemplo de comentario pretencioso que remata sendo pailán total. ¿Y tú me lo preguntas? Cutre eres tú.

2 Xonc

Confirmamos xa que Anova e FPG non teñen nada de nacionalismo, soberanismo nin independentismo? Gracias Galicia Confidencial por deixar caer algo que moitas xa sabiamos

1 Gamela

estamos cansos de tanto minifundismo ! Os mortos deberan ter o seu día común ! https://i.gal/gamela04

1 Loisin

Minifundismo haino no día a día. Non se poden facer actos conxuntos cando no día a día non se coincide en nada. Son proxectos moi diferentes con moi poucas cousas en común. Pode haber semellanzas entre Agora GZ, BNG, Causa GZ... pero co resto (Izquierda Unida, Podemos, Anova...) non se parecen en nada.

2 Gamela

o día que enterremos a Paco Rodríguez (UPG) verás coma se parecen moito máis todos os grupos ORFOS de pensamento sectario !!! O problema está na instransixencia de algúns que pensan que teñen bula para capitalizar ata os mortos !!! https://i.gal/gamela04 Pero algúns seguen na trincheira toda a vida! http://www.galiciaconfidencial.com/...

3 Xonc

Gamela, se cres que Paco Rodriguez marca algunha axenda tés dous problemas. Primeiro, que cres que os-as miles soberanistas non temos criterio. Eso significa que cres que ti estás noutro nivel, superior por suposto, e que ves cousas que os demáis non vemos. Esto significa que tés un ego bastante importante e minusvalorar o que facemos os demáis. Segundo, que fíes todo á morte dunha persoa, é un problema moral serio. Existen exemplo presentes e pretéritos destes propósitos filot.rroristas. En fin, para xuntar hai que coincidir máis nondia a día e non só más verbenas

4 Gamela

segundo o que dís Paco xa non marca ningunha axenda ? Iso non o cres nin tí... levamos nin se sabe cantos BNGs e todos foron pa o carallo por culpa do sectarismo da UPG, esa manía que teñen algúns de impoñer sempre as súas condicións, etc... A morte de Paco só é un xeito de falar, pois lamentablemente Paco será dos que morra matando! Matando calquera solución de futuro que NON pase polo que eles pensan que debe ser o futuro de Galicia !!!