O principal grupo islámico de Galicia pide investigar aos que "apoian na sombra" o terrorismo

A Unión de Comunidades Islámicas de Galicia condenou hoxe os atentados desta semana en Cataluña, que cualifican de “barbarie”. Na súa opinión, os ataques non poden ser escusa para relacionar o Islam coa violencia.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 19/08/2017 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

Mustafá Alhendi, voceiro deste colectivo, declarou o sábado que o grupo “rexeita rotudamente calquera intento de vincular o nome da relixión e as súas ensinanzas con estos actos salvaxes”. A través dunha carta difundida na Coruña, a Unión dá o pésame aos familiares das vítimas, desexa unha pronta recuperación aos familias e pide perseguir aos culpábeis.

Mustafá Alhendi, presidente da Unión de Comunidades Islámicas de Galicia
Mustafá Alhendi, presidente da Unión de Comunidades Islámicas de Galicia

“Erguemos a voz para que caia todo o peso da xustiza sobre estes terroristas e pedimos abertamente que os responsábeis que actúan na sombra sexan identificados publicamente, dando a coñecer as fontes de apoio a estas organizacións”, reclama Alhendi. 

Cómpre lembra que o Islam vive nunha gran polémica sobre o papel da súa rama máis ultraortodoxa e conservadora, o salafismo,  como inspirador e financiador do terrorismo xihadista; dado que o salafismo é a ideoloxía que sostén a réximes de Arabia Saudí e doutros países do Golfo.

O Delegado da Comisión Islámica en Galicia conclúe dicindo que tales ataques a inocentes “non teñen xustificación moral, humana nin moito menos relixiosa”.

Mustafá Alhendi, presidente da Unión de Comunidades Islámicas de Galicia engadiu na TVG que “qQueremos deixar moi claro que non ten nada que ver a relixión co terrorismo. O islamismo como relixón non é o Estado Islámico. Nós somos musulmáns porque a nosa relixión é a do Islam, pero é que o Corán non deixa, condena calquera tivo de matanza, de morte de inocentes. Amais, nós, coma sempre, colaboramos coas forzas de seguridade e coas autoridades"

Reunión anual da Unión de Comunidades Islámicas de Galicia en 2016 en Vigo
Reunión anual da Unión de Comunidades Islámicas de Galicia en 2016 en Vigo | Fonte: islamhispania.blogspot.com.es

No país estímase que viven uns 17.000 musulmáns, do 1,9 millóns de crentes nesta fe que se estima residen no conxunto do Estado español. Ademais, calcúlase que hai outros 10.000 que van e veñen na nosa comunidade. As orixes senegalesas, marroquís, africanas ou árabes son as máis comúns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

9 galegoexiliado

Pois eu estou de acordo con esta tropa.O islan é paz e amor, e todolos muslins son buenos bueniiiisimos, ata que lles da o siroco e se poñen a matar a quén se cruza no seu camiño, como estos mozos, e os de París, Niza, London... que eran buenisimos, encantadores, traballadores, deportistas....ata que lles dou o siroco..... e pasou o que pasou. Vontade de deus, non ai dúbida. E non, non so se financian da Saudi Arabia, tamén de quén lles da traballo, merca nas suas tendas ou lles aluga pisos...

8 Arturo

Matan as persoas fanatizadas por determinadas relixións, que pretender expandir o islam por todo o mundo, e exterminar a todos os infieis. Dicir que " non matan as relixións" é algo infantil, porque hai relixións que se basan no exterminio dos infieis.

7 Gamela

Dereitos Humanos en Arabia Saudí (?) https://twitter.com/Gamela2017/stat...

6 Fóra mouramia

Fóra a mouramia da Galiza!! Facédevos cristiáns!!

5 ali-marijuano

O máximo responsabel e o PEPESTAN, que anda mais preocupado perseguindo os demócratas que queren por as urnas en Catalunya para poder decidir sobre o seu país catalán, namentras terroristas yihadistas campaban polos seus foros sin que a policía do gobernó fixese nada... e agora xa non lles queda o de botarlle a culpa a eta Basca ... señores nin se sabe onde estaba o rei de vacacions!!!! en que país!!!! saben!!!! - https://cotarelo.blogspot.com.es/20...

1 Galispaña

Xente coma ti sobra neste país. Vaite e non volvas. Noxo de nacionalistas radicais... Así pasa o que pasa. Pena que non exista mano dura outro galo cantaría.

2 Papuxa

Ben falado ali-marijuano. Galihisp-ano: sobraràs ti e todos os da tùa caste!