O principal grupo islámico de Galicia pide investigar aos que "apoian na sombra" o terrorismo

A Unión de Comunidades Islámicas de Galicia condenou hoxe os atentados desta semana en Cataluña, que cualifican de “barbarie”. Na súa opinión, os ataques non poden ser escusa para relacionar o Islam coa violencia.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 19/08/2017 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

Mustafá Alhendi, voceiro deste colectivo, declarou o sábado que o grupo “rexeita rotudamente calquera intento de vincular o nome da relixión e as súas ensinanzas con estos actos salvaxes”. A través dunha carta difundida na Coruña, a Unión dá o pésame aos familiares das vítimas, desexa unha pronta recuperación aos familias e pide perseguir aos culpábeis.

Mustafá Alhendi, presidente da Unión de Comunidades Islámicas de Galicia
Mustafá Alhendi, presidente da Unión de Comunidades Islámicas de Galicia

“Erguemos a voz para que caia todo o peso da xustiza sobre estes terroristas e pedimos abertamente que os responsábeis que actúan na sombra sexan identificados publicamente, dando a coñecer as fontes de apoio a estas organizacións”, reclama Alhendi. 

Cómpre lembra que o Islam vive nunha gran polémica sobre o papel da súa rama máis ultraortodoxa e conservadora, o salafismo,  como inspirador e financiador do terrorismo xihadista; dado que o salafismo é a ideoloxía que sostén a réximes de Arabia Saudí e doutros países do Golfo.

O Delegado da Comisión Islámica en Galicia conclúe dicindo que tales ataques a inocentes “non teñen xustificación moral, humana nin moito menos relixiosa”.

Mustafá Alhendi, presidente da Unión de Comunidades Islámicas de Galicia engadiu na TVG que “qQueremos deixar moi claro que non ten nada que ver a relixión co terrorismo. O islamismo como relixón non é o Estado Islámico. Nós somos musulmáns porque a nosa relixión é a do Islam, pero é que o Corán non deixa, condena calquera tivo de matanza, de morte de inocentes. Amais, nós, coma sempre, colaboramos coas forzas de seguridade e coas autoridades"

Reunión anual da Unión de Comunidades Islámicas de Galicia en 2016 en Vigo
Reunión anual da Unión de Comunidades Islámicas de Galicia en 2016 en Vigo | Fonte: islamhispania.blogspot.com.es

No país estímase que viven uns 17.000 musulmáns, do 1,9 millóns de crentes nesta fe que se estima residen no conxunto do Estado español. Ademais, calcúlase que hai outros 10.000 que van e veñen na nosa comunidade. As orixes senegalesas, marroquís, africanas ou árabes son as máis comúns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

4 Segundo se mire

Faime moita gracia cando para condear as mortes sacan ás mulleres á rúa, esas que como posesión, que é o que realmente son no islam, xa cumpriron, porque pariron 3 ou 4 fillos hai 20 anos, e agora carecen de valor ningún, así que as empregan en propaganda. No fondo, admiran ós heroes que fan a guerra santa e matan infieis con menos de 20 anos para ir dar ó paraiso das huríes. O terrorismo o financia quen lle merca o petróleo a Arabia, Qatar e Emiratos e que se aliou mentres lle foi útil cos mullaidíns que lle facían guerrilla á URSS.

3 Gamela

penso que o islam debera dar un paso cara o século XXI e independentemente do falso debate sobe o salafismo (aquí podemos falar das maniobras do Opus Dei e demáis sectas coma os Lexionarios de Cristo, etc.) cando menos deberan aceptar dunha vez a APOSTASÍA para calquera persoa que desexe ABANDOAR públicamente o Islam // sen que o condeen a morte ou persigan á súa familia en todo o mundo ? // Certo que a inmemsa maioría dos crentes estes asuntos parécenlle rutinas e tradicións, pero se queren que a súa relixión sexa respectada no mundo actual deberan deixar atrás estas atávicas costumes do século XIX dunha vez ? Outra historia é o financiamento de ArabiaSaudí e Qatar...!!! Chercher l´argent !!! (mención aparte o tema da muller, a foto é reveladora!)

2 olaquefai

#Todopirolas

1 Libertade

Non matan as relixións , aínda que eu son ateo, matan as persoas. http://www.eldiario.es/zonacritica/...