Na procura de aves polos areais vigueses

Este sábado terá lugar a XIII edición do censo de aves en Vigo. Unha xornada na que se analizara a conveniencia de converter á praia da Calzoa nun areal para os cans.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 01/09/2017 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

Censar e coñecer as aves que aniñas ou pasan por Vigo. Ese é o obxectivo da XIII edición do censo de aves en paso posnupcial do treito costeiro que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares. Será este sábado, desde as 09.00 horas ata as 13.00 horas.

Pitiño de Píllara das dunas
Pitiño de Píllara das dunas | Fonte: Axena

Nesta actividade os participantes irán acompañados por un ornitólogo da asociación Fontaíña e aprenderán a identificar e a contar as aves acuáticas que se atopen no seu percorrido. A actividade servirá para coñecer o estado ambiental deste treito de costa en xeral e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular.

Durante esta xornada, os participantes tamén debatirán sobre a conveniencia ou non de que a praia da Calzoa se convirta nun areal para cans. O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) ás 9:00 h. O número de prazas é limitado (7 voluntarios/as).  As persoas interesadas teñen que apuntarse no correo electrónico diegodalimia@gmail.com indicando o número de teléfono e se se precisan prismáticos. É recomendable levar prismáticos e roupa e calzado cómodos para camiñar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta