Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/10/2017 | Actualizada ás 18:00
O título fai referencia, segundo os editores, “a dimensión interrelacional entre o humano e o divino, entre o coñecido e o descoñecido”, un termo da tradición sufí. E é que o volume indaga en diferentes formas histórica de mística e espiritualidade máis aló das grandes relixións organizadas. Por exemplo, místicos medievais como Mechthild von Magdeburg ou filósofos islámicos coma Ibn ‘Arabi, pasando a través de brillantes pensadores modernos coma Simone Weil ou Gilles Deleuze.
Otero Villena (Ceuta, 1974) é doutora en filoloxía alemá, xornalista, tradutora, docente e agora ensaísta. Coa publicación deste volume aspira a “unha maior compresión da nosa corporeidade, do erotismo que nos formas, das fendas nas que se move a visión”.
“عين (‘ayn). O ollo e a fonte” foi presentado oficialmente o 6 de outubro nun acto nos cines Numax. Xa se pode adquirir na tenda en liña de Axóuxere, dende só 15 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.