Candidato de CxG critica a convocatoria do referendo catalán

Miguel Barros, dirixente de CxG en Vigo, di que é un “deber democrático” apoiar ao Goberno español ante o desafío independentista.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 26/09/2017 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

“As acusacións de indolencia política e falta de diálogo son eufemismos para non recoñecer que os independentistas non aceptan outro diálogo que non sexa a separación do estado”. Deste xeito comeza o candidato de CxG á alcaldía de Vigo nas pasadas eleccións locais e ex histórico dirixente socialista vigués, Miguel Barros, un artigo publicado no GC Aberto, a sección que este medio abre para a participación de cidadáns e colectivos.

Miguel Barros, de CxG
Miguel Barros, de CxG | Fonte: compromiso.gal

Barros destaca que “o dereito de secesión non está contemplado na Constitución” e destaca que “non semella actitude responsable atribuír ao goberno a responsabilidade da situación en Cataluña, cando as forzas políticas catalanistas promoven a secesión do territorio e loitan pola instalación de facto dun novo Estado”. Le todo o artigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

2 Xosé Manuel Calvo Suarez

Aparte de Miguel Barros -que non ocupa ningún cargo organico ou institucional en CxG- que cargos de Compromiso por Galicia critican a convocatoria de referendo catalán? Este artigo fala de cargos -plural-, pero a día de hoxe ningún cargo rexeitou o referendo, nin moito menos. Esta é a opinion persoal de Barros e non a do seu partido. CxG apoia ao pobo catalán e a autodeterminación dos pobos e nacions.

1 silvia

Dades a entender que os cargos de CxG están en contra do referendo catalán e estades faltando á verdade, ou terxiversándoa. Esa é a opinión persoal de Barros. O secretario xeral de CxG dixo cál era a postura do seu partido ao respecto do referendo e dende logo non é o que estades dando a entender.