Centrum, UPyD e CCD queren “atallar” o nacionalismo en Galicia por “sementar o odio”

Varios partidos únense para criticar duramente o nacionalismo galego e evitar que no país aconteza o que está pasando en Cataluña.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/09/2017 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

O referendo catalán está provacando numerosas reaccións que tamén teñen consecuencias en Galicia. Algunhas delas, mesma, achegándose a comportamentos alonxados do suposto marco constitucional que din defender, como é tentar erradicar o nacionalismo en Galicia. É a proposta que acaban de facer Unión Progreso e Democracia Galicia (UPyD), Vía Centrum e CCD para evitar que no país tamé  aconteza o que en Cataluña, que cualifican como “golpe de estado contra a democracia”. 

O presidente de Vía Centrum Partido Demócrata, José Luís Méndez
O presidente de Vía Centrum Partido Demócrata, José Luís Méndez

Nun comunicado conxunto, estas formacións consideran como “excepcionalmente grave” e un “ataque á democracia” a convocatorio dun referendo porque, din, “vulnera o principio de soberanía nacional consagrado na Constitución”. Por iso, ven con preocupación o crecemento do nacionalismo en Galicia. “É o momento de que os demócratas estean unidos e especialmente en Galicia onde partidos nacionalistas tentan infundir odio e desconfianza entre todos os cidadáns”, denuncian. 

Non queremos que ocorra en Galicia o mesmo que en Cataluña, por iso vemos necesario que se tomen as medidas oportunas para frear a aqueles que defenden saltarse a legalidade”, afirman.

Así, o presidente de Centrum, José Luís Méndez, cre que “estamos de novo repetindo a historia no que respecta ao odio e división sementado polos nacionalismos excluíntes e temos que  evitar que se importe a Galicia desde outras Comunidades Autónomas”. Pola súa banda, o líder de UPYD ve na colaboración entre partidos “unha mostra do firme compromiso pola democracia e a defensa de Galicia por parte de partidos con moitos puntos en común”. 

Por iso, aposta por crear foros de encontro das ideoloxías progresistas non nacionalistas en Galicia xa que “desde hai anos os nacionalistas están a copar espazos da sociedade e difundindo a súa mensaxe do odio baseado na terxiversación, a mentira e a pura emoción. Falta pór máis razón e cabeza á política galega”, indica.

Rosa Díez, ex lider de UPyD, xunto coa actual presidente do Congreso, Ana Pastor, nunha manifestación de Galicia Bilingüe
Rosa Díez, ex lider de UPyD, xunto coa actual presidente do Congreso, Ana Pastor, nunha manifestación de Galicia Bilingüe | Fonte: Manuel Vilas

Desde CCD, Carmen Rodríguez Sabin advirte de que “é necesario un cambio”. “Os nacionalismos exacerbados, o único que conseguen é abrir unha fenda social e e provocar un illamento moi pouco favorecedor para a sociedade”, sinala.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

19 Antinostrus

Segurismo que por aí anda palanganeando o noso Cipaiomononeuronal de cabeceira: Nostrus Porcus e os seus Múltples Heterónimos (Gallego, Nexus,....).

18 Evosoquehai

http://www.huffingtonpost.es/2017/0... Pediría aos galegos, que independentemente da súa ideoloxía, non den ás a quen nos chama impoñedores aos falantes de galego porque esa é a mellor forma de dividir. Por favor: non permitamos que nos dividan por isto. Todos cabemos na nosa terra, sexa cal sexa a nosa lingua. Que non volvan a tentar fragmentarnos e dividirnos... Porque hai feridas que nunca se curan... A miña aínda segue supurando por ter sido acusada de impoñer a miña lingua materna.

17 anonimo

En fin... Por se alguén quere pensar en algo e tirar as súas propias conclusións... Que tampouco fai falla ser moi espelido: só hai que saber sumar. https://www.vilaweb.cat/noticies/la...

16 Casandra

Quizais todo sería distinto se Sánchez puidese contar cun partido unido. http://www.eldiario.es/andalucia/PN...

15 Casandra

http://www.publico.es/politica/refe... Conteivos xa que un día me levantei convertida en "impoñedora" da lingua de meus pais, nais, avós e tataravós... Dende aquela son unha estranxeira na miña patria... Porén, sigo a pedilo: cataláns non vos vaiades... E non me deixedes máis soa. Agora que xa nin sequera sei ben que significa aquela vella seguranza de formar parte dunha Europa unida que me acubillaría porque vexo estupefacta coma desa Europa non vén unha proposta de mediación... http://www.eldiario.es/catalunyaplu... Que tristeza...