Feijóo rexeita o diálogo de Puigdemont e defende a activación do artigo 155

O presidente galego descualifica a proposta do president catalán e di que é unha “farsa e unha chantaxe”, e que “ademais de dividir España, dividiu o independentismo”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 11/10/2017 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

Alberto Núñez Feijóo non está polo diálogo coas autoridades de Cataluña, nin co seu presidente, Carles Puigdemont, que este martes anunciaba a declaración dunha República Catalá que logo deixaba en suspenso para dialogar co Estado e “rebaixar a tensión”. “Por que hai que dialogar cando non hai interese por facelo e cando ese diálogo é unha chantaxe?”, suliñou o presidente da Xunta que se amosou favorable a activar o artigo 155, tal e como fixo o Goberno central.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo

Preguntado por GC na rolda de prensa posterior a Consello da Xunta, Feijóo foi contundente: “Existe unha maior farsa que dicir unha cousa e logo facer completamente a contraria?”, preguntouse ao destacar que a oferta de diálogo e a suposta declaración de independencia foi unha “farsa” feita “de costas á Cámara”. “Non é serio nin el, nin o que propón”, insistiu.

Neste sentido, considerou lóxico que se activen os pasos previso á aplicación do artigo 155 da Constitución Española en Cataluña, que é un requerimento ao Goberno e o Parlament catalan para que aclaren se se declarou ou non a independencia e actuar, así, en consecuencia. “O que fixo foi dividir aos cidadáns cataláns, aos españois e agora tamén ao independentismo... Por iso terá que asumir responsabilidades”, indicou.

Fixo unha lei chapuceira, un referendo chapuceiro e unha declaración de independencia chapuceira”, suliñou ao resaltar que o obxectivo final de Puigdemont non é “a nación catalá”, senón “perpetuarse no poder e estafar ao pobo”.  De feito, considerou que as autoridades catalás están levando ao empobrecemento, á “humillación” e á división de Cataluña e de España. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

2 Ejjjjj que vamos

Moi ben polo presidente, defendendo á maioría que o respalda e non sucumbindo á chantaxe democrática dos totalitarios cataláns. Se o que pretenden os nacionalistas e tomar o goberno pola forza e a chantaxe xa que por medios democráticos non son quen, pois non representan máis que a unha minoría atrasada e sen visión de mundo, temos que dar grazas que xente como Feijoo continúen defendendo a lei, a democracia e ao pobo que o levou a gobernar.

1 Desiderio

Desde cando os que impedides votar sodes demócratas? Os fascistas sodes os que negades a vontade da maioría: en Cataluña o 80% quere referendo para poder decidir. Os fascistas sodes minoría, usades a forza militar para impoñerse ao pobo, mentides e usades a propaganda ao estilo nazi-faccineroso. Por que o nacionalismo español é menos atrasado que o nacionalismo catalán? Non será que ti es un supremacista españolista defensor da superioridade da raza española? Non tragamos a trola: os teus antepasados defendían a escravitude, a discriminación racial, da muller e dos homosexuais...todo en nome da vosa Lei e do voso Deus particular. Noxo de hipócritas que van falando de democracia para imponer o seu pensamento fascista!

1 anonimo

¿E das estatuas do Pórtico da Gloria e o concello de Santiago, que deu 15 días de prazo á familia Franco para que fosen entregadas ao concello compostelán, desto non dixo nada, malia ter transcurrido con exceso o prazo dado?

1 Compostaxe aberta

Dille ao da gorra coloca pancartas que vai por elas....