Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/11/2017 | Actualizada ás 10:46
A Universitat de Lleida acolleu este xoves a entrega dos XX Premios Nacionales de Edición Universitaria. Unha entrega que coincidiu cos actos de conmemoración do 30 aniversario da fundación da UNE (Unión de Editoriales Universitarias Españolas). Das 128 obras que concorreron a esta vixésima edición, dez foron seleccionadas por un xurado independente como os mellores libros universitarios publicados durante 2016.
Con el alba. El cuaderno de Francia (1916). Manuscrito inédito de Ramón María del Valle-Inclán, da Universidade de Santiago de Compostela, recibiu o premio a Mellor obra editada. O xurado considerou "o alarde de recursos formais empregados, a complexidade técnica e o equilibrio entre fondo e forma". A obra está asinada pola profesora Maragarita Santos Zas, directora da Cátedra Valle-Inclán da USC.
A Universidade de Santiago tamén recibiu nesta edición o premio a Mellor coedición interuniversitaria por Memorias de Fernando Álvarez de Sotomayor, obra editada en colaboración coas Universidades de Granada e Talca. O xurado valorou "a colaboración de tres universidades, unha delas americana, sobre a obra dun autor que viviu entre España e Chile".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.