A débeda de Galicia triplicouse dende a chegada de Feijóo á Xunta

Sempre por debaixo dos 4.000 millóns ata 2009, ano da primeira vitoria electoral de Alberto Núñez Feijóo, os orzamentos para o vindeiro exercicio elevan a débeda pública ata os 11.515 millóns, 4.273 euros por cada habitante.

Por Xerardo Porto | Compostela | 05/12/2017 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Ata o 2009, ano da primeira vitoria do PP de Alberto Núñez Feijóo, a débeda pública de Galicia sempre estivera por baixo dos 4.000 millóns de euros. Dende entón, e malia a contención dos últimos exercicios para cumplir cos obxectivos de déficit impostos polo Goberno central, a débeda da Xunta non fai máis que medrar ano a ano. De feito, no 2018 marcará un novo récord histórico: 11.515 millóns, segundo se recolle no proxecto de orzamentos presentado pola Consellería de Facenda.

Alberto Núñez Feijóo após o Consello da Xunta
Alberto Núñez Feijóo após o Consello da Xunta

Deste xeito, durante case unha década de Goberno de Feijóo, a débeda pública de Galicia case triplica a súa cuantía: dende os 3.923 cos que o líder do PP galego asumiu a presidencia en marzo do 2009 (un exercicio compartido co anterior Goberno bipartito), pasando polos 7.381 millóns cos que rematou a primeira lexislatura ou os 10.375 de finais do 2016, ata os 11.363 millóns actuais, segundo os últimos datos publicados polo Banco de España.

Nos orzamentos presentados recentemente, a Xunta recoñece que a déveda prevista a 31 de decembro de 2018 alcanzará os 11.515 millóns de euros, case o triplo da débeda que había cando Núñez Feijóo gañou as súas primeiras eleccións en 2009. Eses 11.515 millóns serán un 18,3% do PIB (en 2008, a débeda estaba no 6,7% do PIB) e 4.273 euros por cada habitante. A necesidade de financiamento de Galicia para o exercicio 2018 será de 190 millóns de euros.

“A partires do presente ano, froito do remate do proceso de consolidación orzamentaria, comezará a reducirse a ratio débeda/PIB, isto non quere dicir que Galicia teña que deixar de gastar para amortizar débeda, senón que o PIB crecerá máis que o stock de débeda, o que fará que esta ratio sexa cada vez menor”, asumen dende a consellería de Facenda. E engaden: "A capacidade para recorrer ao endebedamento en futuras recesións económicas, depende de que sexamos quen de baixar esta ratio a niveis substancialmente inferiores”.  

Hoxe en día, en termos absolutos e segundo os datos do Banco de España, Galicia é a sétima comunidade autonóma con máis débeda do Estado, só por detrás de Cataluña, Comunidade Valenciana, Andalucía, Madrid e as dúas Castelas, aínda que sae favorecida no ratio débeda/PIB: 19,1% cando a media das comunidades está en 25,1%.

Débeda actual das CCAA:


1. Cataluña 76.727 (35,4% PIB)
2. C. Valenciana 44.975 (41,8%)
3. Andalucía 33.961 (22,3%)
4. Madrid 32.555 (15,1%)
5. Castela-A Mancha 14.260 (36,6%)
6. Castela e León 11.378 (20,1%)
7. Galicia 11.363 (19,1% PIB)
8. País Vasco 10.791 (15,3%)
9. Baleares 8.954 (30,7%)
10. Murcia 8.681 (29,7%)
11. Aragón 7.857 (22,1%)
12. Canarias 7.291 (16,7%)
13. Asturias 4.370 (19,7%)
14. Estremadura 4.333 (23,9%)
15. Cantabria 3.045 (23,7%)
16. Navarra 3.767 (19,3%)
17. A Rioxa 1.597 (19,4%)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

17 Anti...

Só ted razón nunha cousa a Orga de Casares Quiroga traizoaron a galiza coma as mareas de pablo manuel iglesias. No demáis vas errado de c...

1 anonimo

Concreta. Xeneralidades todos as podemos dicir. Vaites en festivo non traballades quizais?

16 Penso coas pernas

Non é verdade, é outra "fake news" dos hackers rusos de Putin. Coma dí o gran todólogo e "piensó" dor de La Voz: "Marx denunció en su momento el leninsmo como una grave enfermedad del socialismo".

15 Falamos? sobre? por suposto

Visto o visto, a corrupción e ineptitude xeralizada, que ainda queden miñaxoias que o defenden...coido que o expañolismo, mais que unha eiva, é unha doenza mental.

14 Anti...

Prao que fachendea do día da constitución, eu non a votei e xa era un mozo e o galego o falei perante a ditadura de franco, suarez, calvo sotelo, isidoro, bambi e o zarabeto. Ou sexa non teño ningunha cousa porque darlle as grazas.

1 anonimo

Tranquilo, sempre che quedarán os valores republicanos que di Pablo e evidentemente (o que cala outorga as Mareas): http://www.ecorepublicano.es/2017/1... Acórdate e vótaos... Son tan modelnos... Buff, xa ves, seica as Mareas naceron para ser a nova ORGA.

13 Anti...

O pailán dos Peares vendeulle a Galiza o laboratorio do estudo dos bivaldos en canto a bacterias e virus que ocorrería dispois do Brexit, ao carallo amigo do zarabeto de madride, deronche por onde menos che doe. Felicidades aos votantes deste político que en 40 días remataba co paro no país. Chofer de iates con narcos desfrutando da sua viaxe, iso sí, con guía.