A débeda de Galicia triplicouse dende a chegada de Feijóo á Xunta

Sempre por debaixo dos 4.000 millóns ata 2009, ano da primeira vitoria electoral de Alberto Núñez Feijóo, os orzamentos para o vindeiro exercicio elevan a débeda pública ata os 11.515 millóns, 4.273 euros por cada habitante.

Por Xerardo Porto | Compostela | 05/12/2017 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Ata o 2009, ano da primeira vitoria do PP de Alberto Núñez Feijóo, a débeda pública de Galicia sempre estivera por baixo dos 4.000 millóns de euros. Dende entón, e malia a contención dos últimos exercicios para cumplir cos obxectivos de déficit impostos polo Goberno central, a débeda da Xunta non fai máis que medrar ano a ano. De feito, no 2018 marcará un novo récord histórico: 11.515 millóns, segundo se recolle no proxecto de orzamentos presentado pola Consellería de Facenda.

Alberto Núñez Feijóo após o Consello da Xunta
Alberto Núñez Feijóo após o Consello da Xunta

Deste xeito, durante case unha década de Goberno de Feijóo, a débeda pública de Galicia case triplica a súa cuantía: dende os 3.923 cos que o líder do PP galego asumiu a presidencia en marzo do 2009 (un exercicio compartido co anterior Goberno bipartito), pasando polos 7.381 millóns cos que rematou a primeira lexislatura ou os 10.375 de finais do 2016, ata os 11.363 millóns actuais, segundo os últimos datos publicados polo Banco de España.

Nos orzamentos presentados recentemente, a Xunta recoñece que a déveda prevista a 31 de decembro de 2018 alcanzará os 11.515 millóns de euros, case o triplo da débeda que había cando Núñez Feijóo gañou as súas primeiras eleccións en 2009. Eses 11.515 millóns serán un 18,3% do PIB (en 2008, a débeda estaba no 6,7% do PIB) e 4.273 euros por cada habitante. A necesidade de financiamento de Galicia para o exercicio 2018 será de 190 millóns de euros.

“A partires do presente ano, froito do remate do proceso de consolidación orzamentaria, comezará a reducirse a ratio débeda/PIB, isto non quere dicir que Galicia teña que deixar de gastar para amortizar débeda, senón que o PIB crecerá máis que o stock de débeda, o que fará que esta ratio sexa cada vez menor”, asumen dende a consellería de Facenda. E engaden: "A capacidade para recorrer ao endebedamento en futuras recesións económicas, depende de que sexamos quen de baixar esta ratio a niveis substancialmente inferiores”.  

Hoxe en día, en termos absolutos e segundo os datos do Banco de España, Galicia é a sétima comunidade autonóma con máis débeda do Estado, só por detrás de Cataluña, Comunidade Valenciana, Andalucía, Madrid e as dúas Castelas, aínda que sae favorecida no ratio débeda/PIB: 19,1% cando a media das comunidades está en 25,1%.

Débeda actual das CCAA:


1. Cataluña 76.727 (35,4% PIB)
2. C. Valenciana 44.975 (41,8%)
3. Andalucía 33.961 (22,3%)
4. Madrid 32.555 (15,1%)
5. Castela-A Mancha 14.260 (36,6%)
6. Castela e León 11.378 (20,1%)
7. Galicia 11.363 (19,1% PIB)
8. País Vasco 10.791 (15,3%)
9. Baleares 8.954 (30,7%)
10. Murcia 8.681 (29,7%)
11. Aragón 7.857 (22,1%)
12. Canarias 7.291 (16,7%)
13. Asturias 4.370 (19,7%)
14. Estremadura 4.333 (23,9%)
15. Cantabria 3.045 (23,7%)
16. Navarra 3.767 (19,3%)
17. A Rioxa 1.597 (19,4%)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

12 Asento de coiro

Menuda leria. O PP xestiona o resto sólo fabrica randas e mantidos a base de PERs e rendas básicas, e Risgas e liberados. Menudas xoias os indepes hijos de papi e os nacionalistos que viven dos avós. Nova victoria do PP por maioría e a seguir tragando bilis.

11 GALIZA

Carallo coa Natasha esta do servizo de desinformación do BNG. Mira que é pesadiñ@. Tranquil@ que outra Galicia é posible sendo La Voz de su amo, como Anita, Miguel Ángel, Carmencita de mi señor ou Luisito el de Lugo. Para que outra Galiza sexa posíbel son necesarias forzas independentistas e non autonomistas como o Bloque ou Anova.

1 Natasha Rostova delasRestrevas

A Natasha está a servizo da sociedade na que lle tocou nacer e é vítima da súa coherencia. De todos xeitos se coñeces a apócema que me faga tragar sapos e cobras mándama. Estaríache moi agradecido e, nesta sociedade ninista (ni de izquierdas/ni de derechas) sería moito máis feliz. Por desgraza á Natasha está imbuída no espírito crítico e no arroutamento dos que non facilmente seguen as modos nin os efectos bandwagon nin underdog. https://psicologiaymente.net/social...

2 Natasha Rostova delasRestrevas

Ti, cos teus arrebatos extremistas, a saber a favor de quen estás e a quen queres beneficiar no fondo. O meu compromiso dende que fun pequena é coa sociedade que me arrolou ( son de aldea) e cos férreos principios de ética e coherencia nos que fun educada. Ti e outros trolls só pretendedes impedir o cambio. Coincidides cos do recambio rama centro-esquerda... Ou cos do recambio rama centro-dereita.

3 Natasha Rostova delasRestrevas

Por iso pediría aos galegos en Cataluña que non voten recambios. Estou a falar de optar entre as forzas coñecidas e os seus recambios. Especialmente, cando crer nun programa social, coma o que anuncia Podemos, cando menos aquí en Galicia e despois de comprobar a xestión mareante aos que aínda pensamos danos ganas de rir (coma xa dixen non semellan ser capaces nin de xestionar unha comunidade de veciños). Vivides unha situación excepcional e debedes pensar moito o que votades... Eu, se fose de dereitas, por exemplo, nunca votaría por un partido que semella incapaz de construír alternativas cribles que non sexa o enfrontamento entre uns e outros e se fose de esquerdas... Francamente, en verdade credes, os de esquerdas de Cataluña que Domenech e Colau representan algún cambio con respecto ao PSOE (evito as siglas PSC porque creo que xa non existen)?

4 Portus Marinus

Kollona, non te desesperes tanto. Non eras ti a que defenfeches varias veces a Pedro Sánchez, aos seus servos na Galiza (Villoslada), a marca branca (BNG) que se alimenta das migallas do PsoEspañol e ao que tanto lle debedes e agradecerles. Está moi ben non de fiar de Podemos, agora ben, os do BNG que vos amancebades co PsoEspañol, partido da cal viva, dos Eres, de financiación ilegal, dos oligopolios (olla onde estaba Marín, onde está González, Elena Salgado...), o que apoia o 155... Sodes cómplices carrapuchiña vermella! Sodes igual de ratas, mantidos polo sistema que lle ides aplaudir a Marrano Rajoy e ao amo de La Voz!

5 Natasha Rostova delasRestreva

O que ti queiras e máis. No fondo son un réptil vindo dunha galaxia a anos luz... Que nivelaso o teu. Ala a aparentar ser moi radikal para votar Mareas. Veña, os teus esforzos serán recoñecidos seguramente e lembra o que dixo o líder: http://www.eleconomista.es/politica... Pensaría que es un troll ou un dinamizador... Pero despois de coñecer a moitos e moitas votantes de podémonos marear, habémonos marear, só defendemos os valores republicanos non a República... Que queres, penso que es real... Se hai alguén que pense entre vós, tede en conta algo: hai moito ninista entre os vosos votantes, pero quero crer que tamén hai quen pensa e sabe o que é a coherencia e a dignidade. Hoxe non representades nada máis que un recambio que cada vez cede máis no seu afán de contentar a todos.

6 Natasha Rostova delasRestreva

Sodes a derradeira opción que eu votaría despois dos amigos de Nostrus. Eu non son muller de recambios... Sei que hai xente que está en Cataluña e le esta web. Ben, pensade en coma me trata a min este individuo e tirade conclusións. Queredes votar aos que este di defender??? Queredes coñecer algunhas das peores xestións municipais das Españas ademais da de Barcelona? Vinde a Galiza e veredes as cidades do recambio, que quero dicir cambio. Xogámonos moito para ter a xente que semella ter os principos de Marx, de Groucho quero dicir ao mando de algo... Ou o que podería ser peor: con capacidade de inclinar a balanza... Esquecía: eu tamén te quero caro.

7 Portus Marinus

Kollona: bla, bla, bla... Gastas espazo para non dicer nada! Nunca votei Mareas de Podemos. Píllalo? Sempre que votei foi polo BNG. Despois de aturalos, na cidade onde resido e na deputación clientelar que desgobernan co PsoEspañol (igual que o Partido Podre), son abstencionista activo. Refregas os ollos? Nada teño a ver coas Mareas. Enxergas? Non son fan dos seus apoucados alcaldiños, mais... Non desmerecen EN NADA aos lesmas do BNG que gobernaron ou cogobernaron Vigo, Ourense, Coruña, Lugo, Compostela e Coruña. Nin ao figura de Pontevedra que tanto protexe o rancio españolismo e aplaude o coruñesismo. E non falemos de Monforte, do Porriño, de Maceda... Andar o país para ver as desfeitas do BNG. Con todo, tes dereito a ser do BNG e a defender o teu prato de lentellas, pois vese que es alimentada. O que non temos que aturar é a suposta neutralidade dunha resabida troleira a soldo da partida do BNG. Valeu?

10 Natasha Rostova delasRestrevas

Volvede aos inicios para imaxinar o futuro e ter forzas para crealo. Sodes un nós aberto a un futuro novo para eles e elas. Hai que loitar aquí e entre os galegos na diáspora onde se deben crear asociacións que nos fagan ter unha voz no mundo... Coma xa fixeron os nosos antepasados no XIX en Cuba e Arxentina. E hora xa de que os galegos do mundo nos axuden e seguro que o farán se vós atopades como facer chegar a nosa voz... Temos tanta forza e tanto potencial dentro... E todo se nos esvae polo minifundismo e o cainismo. Basta xa! Outra Galicia é posible.

9 Natasha Rostova delasRestrevas

Pensádeo... Xa son máis dun os que coñecen ben a incapacidade para xestionar ata unha comunidade de veciños de certa hesquerda e a súa conversión en recambio cada vez máis acrítico e máis integrado no sistema... Precisades convertervos no novo Partido Galeguista. E precisádelo porque non queda outra se queremos preservar algo do seu legado neste mundo de ninistas que tanto votan a Podemos como a Ciudadanos... E cantos non hai así? Dádelle voz, BNG, a todos os que aspiran a outras Españas... E son moitos. Podedes gañar fóra o que o ninismo vos nega aquí. O abandono claro de Podemos destes tres piares que eunumerei axudaravos e ao fin, quen mellor ca vós para lembrar o legado de Castelao.

8 Nastasha Rostova Restreveira

E por certo, BNG, por que non vos erixides en representantes desas Españas republicanas, federais ou confederais e progresistas con forza. No voso partido hai diversas sensibilidades ao respecto, ben o sei, así que non estaría de máis que as amosásedes e que establecesedes un programa de mínimos que ilusionase á esquerda non nacionalista pero si galeguista. Creo que é o voso deber neste momento histórico e creo que Castelao así o querería. Lembrade, el xa deu a solución:" a)Autonomía integral de Galiza para federarse con los demás pueblos de Hespaña. b)República Federal Hespañola para confederarse con Portugal. c)Confederación Ibérica para ingresar en la Unión Europea. d)Estados Unidos de Europa para constituir la Unión Mundial."