A débeda de Galicia triplicouse dende a chegada de Feijóo á Xunta

Sempre por debaixo dos 4.000 millóns ata 2009, ano da primeira vitoria electoral de Alberto Núñez Feijóo, os orzamentos para o vindeiro exercicio elevan a débeda pública ata os 11.515 millóns, 4.273 euros por cada habitante.

Por Xerardo Porto | Compostela | 05/12/2017 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Ata o 2009, ano da primeira vitoria do PP de Alberto Núñez Feijóo, a débeda pública de Galicia sempre estivera por baixo dos 4.000 millóns de euros. Dende entón, e malia a contención dos últimos exercicios para cumplir cos obxectivos de déficit impostos polo Goberno central, a débeda da Xunta non fai máis que medrar ano a ano. De feito, no 2018 marcará un novo récord histórico: 11.515 millóns, segundo se recolle no proxecto de orzamentos presentado pola Consellería de Facenda.

Alberto Núñez Feijóo após o Consello da Xunta
Alberto Núñez Feijóo após o Consello da Xunta

Deste xeito, durante case unha década de Goberno de Feijóo, a débeda pública de Galicia case triplica a súa cuantía: dende os 3.923 cos que o líder do PP galego asumiu a presidencia en marzo do 2009 (un exercicio compartido co anterior Goberno bipartito), pasando polos 7.381 millóns cos que rematou a primeira lexislatura ou os 10.375 de finais do 2016, ata os 11.363 millóns actuais, segundo os últimos datos publicados polo Banco de España.

Nos orzamentos presentados recentemente, a Xunta recoñece que a déveda prevista a 31 de decembro de 2018 alcanzará os 11.515 millóns de euros, case o triplo da débeda que había cando Núñez Feijóo gañou as súas primeiras eleccións en 2009. Eses 11.515 millóns serán un 18,3% do PIB (en 2008, a débeda estaba no 6,7% do PIB) e 4.273 euros por cada habitante. A necesidade de financiamento de Galicia para o exercicio 2018 será de 190 millóns de euros.

“A partires do presente ano, froito do remate do proceso de consolidación orzamentaria, comezará a reducirse a ratio débeda/PIB, isto non quere dicir que Galicia teña que deixar de gastar para amortizar débeda, senón que o PIB crecerá máis que o stock de débeda, o que fará que esta ratio sexa cada vez menor”, asumen dende a consellería de Facenda. E engaden: "A capacidade para recorrer ao endebedamento en futuras recesións económicas, depende de que sexamos quen de baixar esta ratio a niveis substancialmente inferiores”.  

Hoxe en día, en termos absolutos e segundo os datos do Banco de España, Galicia é a sétima comunidade autonóma con máis débeda do Estado, só por detrás de Cataluña, Comunidade Valenciana, Andalucía, Madrid e as dúas Castelas, aínda que sae favorecida no ratio débeda/PIB: 19,1% cando a media das comunidades está en 25,1%.

Débeda actual das CCAA:


1. Cataluña 76.727 (35,4% PIB)
2. C. Valenciana 44.975 (41,8%)
3. Andalucía 33.961 (22,3%)
4. Madrid 32.555 (15,1%)
5. Castela-A Mancha 14.260 (36,6%)
6. Castela e León 11.378 (20,1%)
7. Galicia 11.363 (19,1% PIB)
8. País Vasco 10.791 (15,3%)
9. Baleares 8.954 (30,7%)
10. Murcia 8.681 (29,7%)
11. Aragón 7.857 (22,1%)
12. Canarias 7.291 (16,7%)
13. Asturias 4.370 (19,7%)
14. Estremadura 4.333 (23,9%)
15. Cantabria 3.045 (23,7%)
16. Navarra 3.767 (19,3%)
17. A Rioxa 1.597 (19,4%)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

7 Natasha Rostova delasRestrevas

Así é o presente actual que algún escribidor galaico bautizou coma nova ORGA antes de nacer e mentres criticaba ao bloque para posibilitar o seu nacemento. Nunca pensei que tal escribidor galaico coñecese tan mal a historia das nosas Españas, da nosa Sefarad. Así nos vai: gozade do votado. Eu vou volver a ler a Malvar, que xa é do pouco que leo na prensa. Ciao. http://blogs.publico.es/rosa-espina... Por certo, GC, o voso silencio sobre o que Beiras opinou acerca das showísticas declaracións de Pablo é moi significativo. Se queredes seguir medrando deberiades deixar o seitarismo e partidismo a un lado... Algúns cidadáns aínda queremos ler a xornalistas, non a aspirantes a membros do equipo de prensa dalgunha forza política.

6 Natasha Rostova delasRestrevas

Pablo desembarcou, unha vez máis en Cataluña, coma un madrileño castizo en visita a provincias... Iso si, nótase que leu a Marsé... Pero hai moitos anos que esa Cataluña, de Marsé, xa desapareceu... A súa incapacidade de formular unha proposta republicana, federalista (confederal no caso de Cataluña e quizais Euskadi... Os nacionalistas galegos xa non contades para nada e conformádevos con que vos deixen en municipio asociado de Madrí... O cal sería, ao meu entender moi xeneroso xa tendo en conta o voso xanbolismo) e progresista impídenlles medrar máis... Moitos xa se decatan de que non significan cambio algún... Son o recambio. Eran. Agora son coma moito a IU de Anguita en caída.

5 nostrus

Felicidades a todos no dia de hoxe no que celebramos o aniversario da nosa Constitucion na que cabemos todos e na que se recoñece a oficialidade da lingua galega e a nosa autonomia. Sintoo moito polos que escollen o camiño do sufrimento en vez da satisfaccion, pero pola miña parte noraboa a todos.

4 Natasha Rostova delasRestrevas

A ver, a maioría dos galegos e galegas quere isto... Pois nada que o gocen e o resto a resignarnos a ter unha hesquerda, a un nacionalismo dividido, á incoherencia dos nacionalistas das Mareas (despois do que afirmou Beiras onte, en verdade credes ser nacionalistas galegos os que estades aí?). Tedes unha incapacidade crónica de ler o futuro e ata o presente... Xa veredes en que postiño quedan os vosos compisguays en Cataluña... Especialmente despois das espectaculares (non se me ocorre outro adxectivo) declaracións de vuestro líder Pablo, aplaudidas por todos vós (o que cala outorga) agás por Beiras (do cal sería de agradecer que polo amor a Galicia que el di ter e eu quero crer dera un paso máis... Así é probable que pasase á historia coma un dos bos e xenerosos)...

3 chas

Estes pepeiros son uns fenómenos.... arruinandonos, pero eles e os seus amigos engordando cos nos cartos