A débeda de Galicia triplicouse dende a chegada de Feijóo á Xunta

Sempre por debaixo dos 4.000 millóns ata 2009, ano da primeira vitoria electoral de Alberto Núñez Feijóo, os orzamentos para o vindeiro exercicio elevan a débeda pública ata os 11.515 millóns, 4.273 euros por cada habitante.

Por Xerardo Porto | Compostela | 05/12/2017 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Ata o 2009, ano da primeira vitoria do PP de Alberto Núñez Feijóo, a débeda pública de Galicia sempre estivera por baixo dos 4.000 millóns de euros. Dende entón, e malia a contención dos últimos exercicios para cumplir cos obxectivos de déficit impostos polo Goberno central, a débeda da Xunta non fai máis que medrar ano a ano. De feito, no 2018 marcará un novo récord histórico: 11.515 millóns, segundo se recolle no proxecto de orzamentos presentado pola Consellería de Facenda.

Alberto Núñez Feijóo após o Consello da Xunta
Alberto Núñez Feijóo após o Consello da Xunta

Deste xeito, durante case unha década de Goberno de Feijóo, a débeda pública de Galicia case triplica a súa cuantía: dende os 3.923 cos que o líder do PP galego asumiu a presidencia en marzo do 2009 (un exercicio compartido co anterior Goberno bipartito), pasando polos 7.381 millóns cos que rematou a primeira lexislatura ou os 10.375 de finais do 2016, ata os 11.363 millóns actuais, segundo os últimos datos publicados polo Banco de España.

Nos orzamentos presentados recentemente, a Xunta recoñece que a déveda prevista a 31 de decembro de 2018 alcanzará os 11.515 millóns de euros, case o triplo da débeda que había cando Núñez Feijóo gañou as súas primeiras eleccións en 2009. Eses 11.515 millóns serán un 18,3% do PIB (en 2008, a débeda estaba no 6,7% do PIB) e 4.273 euros por cada habitante. A necesidade de financiamento de Galicia para o exercicio 2018 será de 190 millóns de euros.

“A partires do presente ano, froito do remate do proceso de consolidación orzamentaria, comezará a reducirse a ratio débeda/PIB, isto non quere dicir que Galicia teña que deixar de gastar para amortizar débeda, senón que o PIB crecerá máis que o stock de débeda, o que fará que esta ratio sexa cada vez menor”, asumen dende a consellería de Facenda. E engaden: "A capacidade para recorrer ao endebedamento en futuras recesións económicas, depende de que sexamos quen de baixar esta ratio a niveis substancialmente inferiores”.  

Hoxe en día, en termos absolutos e segundo os datos do Banco de España, Galicia é a sétima comunidade autonóma con máis débeda do Estado, só por detrás de Cataluña, Comunidade Valenciana, Andalucía, Madrid e as dúas Castelas, aínda que sae favorecida no ratio débeda/PIB: 19,1% cando a media das comunidades está en 25,1%.

Débeda actual das CCAA:


1. Cataluña 76.727 (35,4% PIB)
2. C. Valenciana 44.975 (41,8%)
3. Andalucía 33.961 (22,3%)
4. Madrid 32.555 (15,1%)
5. Castela-A Mancha 14.260 (36,6%)
6. Castela e León 11.378 (20,1%)
7. Galicia 11.363 (19,1% PIB)
8. País Vasco 10.791 (15,3%)
9. Baleares 8.954 (30,7%)
10. Murcia 8.681 (29,7%)
11. Aragón 7.857 (22,1%)
12. Canarias 7.291 (16,7%)
13. Asturias 4.370 (19,7%)
14. Estremadura 4.333 (23,9%)
15. Cantabria 3.045 (23,7%)
16. Navarra 3.767 (19,3%)
17. A Rioxa 1.597 (19,4%)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

2 maruxinha

Canta máis débeda teña o país, máís dependente é dos organismos internacionais que pulan polo Novo Orde Mundial, así terán á Galicia collida polos ovarios. Un País non ten débeda por casualidade, ten débeda de forma intencionada.

1 Galicia forever

1 millón de préstamo de Cuíña ao banco donde traballa a súa muller. A muller do Cuiña é tamén a irmá do tenente de alcalde. https://www.youtube.com/watch?v=16h...