Detido Sito Miñanco durante un operativo no que dous GEOS resultaron feridos en Madrid

Miñanco tiña un xuízo pendente nos próximos días na Audiencia Nacional. Tamén foron arrestados familiares de Laureano Oubiña.

Por E.P. | MADRID | 05/02/2018 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

A Unidade Central de Drogas e Crime Organizado (UDYCO) da Policía Nacional desenvolveu este luns un operativo no que detivo ao narcotraficante galego Sito Miñanco en Alxeciras. O arrestado tiña un xuízo pendente nos próximos días na Audiencia Nacional.

Sito Miñanco, prendido pola Policía
Sito Miñanco, prendido pola Policía | Fonte: elconfidencial.com

Durante o operativo resultaron feridos dous axentes dos GEOS da Policía ao recibir varios impactos de bala cando realizaban un rexistro nun domicilio da localidade madrileña de Collado Mediano, relacionada coa rede do narco galego.

En Alxeciras, ademais de Sito Miñanco foi arrestado unha filla e outro familiar de Laureano Oubiña. O operativo, que segue en marcha, polo que a Policía non descarta máis detencións, estendeuse a zonas como o municipio pontevedrés de Cambados, onde se practicaron rexistros e algún arresto.

Os axentes resultaron feridos aínda que levaban chalecos antibala. Un deles foi trasladado ao hospital Puerta de Hierro por un impacto de bala na clavícula e a súa vida non corre perigo. Os axentes foron feridos cando entraban na mencionada vivenda de Collado Mediano, onde foron recibidos con disparos dun narcotraficante que se atopaba dentro e que tamén resultou ferido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta