Así o fallou a Audiencia Provincial de Pontevedra ao considerar que tal ámbito se trata da súa parte "persoal e íntima" que non abriu ao coñecemento xeral.
  comenta   0
Un xulgado de Vilagarcía desestima a demanda contra o dereito ao honor interposta polo histórico exnarcotraficante amparandose no "dereito á produción e creación artística".
  comenta   0
As producións televisivas e as novelas de ficción teñen moito que ver coa aceptación social do narcotráfico en Galicia, Colombia ou México. Nos países latinoamericanos esta tradición ven de lonxe, e convertiu aos narcos en auténticas estrelas mediáticas, admiradas en moitos casos. En Galicia, a serie 'Fariña' supuxo o comezo desta nova narcocultura, marcada polos Charlín ou os Oubiña.
  comenta   0
Fernando J. Alonso, xerente da Fundación Galega contra o Narcotráfico, conta a Galicia Confidencial cal é a realidade do narcotráfico en Galicia a día de hoxe, nunha terra na de Oubiña ou Charlín se fixeron ricos a conta de moitas vítimas dun turbio negocio que se recrudece. As planeadoras volven ás rías galegas.
  comenta   0
O Concello lamenta a presenza do ex narco nunha “exitosa” Feira do Libro de Ribadeo tras ser convidado por unha libraría.
Apunta que a súa presenza puido ser "puntual e momentánea" e alega que "non foi detectada nos controis rutineiros que realiza a Policía Local".
  comenta   0
A Fiscalía entende que as declaracións de Carmen Avendaño o que fan é "participar na opinión pública" e que ser a presidenta de Érguete a habilita como formadora pública.
  comenta   0
O coñecido excontrabandista Laureano Oubiña tachou valorou a situación que se vive actualmente co narcotráfico no Estreito considerando que "se deixou crecer" o fenómeno.
  comenta   0
Unha das series de máis éxito dos últimos tempos –e tamén a máis comentada a nivel político-- rematou a pasada semana. Non sen antes poñer de moda certos lugares de Galicia onde se rodaron a maior parte das escenas.
  comenta   0
A detención fíxose na provincia de Pontevedra e nela colaboraron a UDYCO e Vixilancia Aduaneira.
  comenta   0
A avogada Tania Varela, detida por narcotráfico, declara que fuxiu da xustiza tras o asasinato deste avogado que era entón a súa parella. Díaz Moñux recibira ameazas do fillastro de Laureano Oubiña, con quen Varela tivera unha relación sentimental anterior. "A día de hoxe eu non sei nada daquilo. Aínda non dixiro eses feitos. Estiven en estado de shock", asegura
  comenta   0
"Unha cousa é a licenza para facer un guión televisivo e outra cousa loxicamente é construír uns feitos en base a realidades e datos que non son certos”, di sobre o que se conta na serie Fariña. "Siempre se dijo que algunos --capos-- pusieron y quitaron alcaldes", dixo o arrepentido Padín nun programa da Sexta.
  comenta   1
O arresto do narcotraficante galego enmárcase en "rabexadas" do operativo cunha organización criminal desarticulada a final de 2017 en Asturias con case vinte detidos.
  comenta   0
O famoso narcotraficante refírese a unha escena de sexo na serie entre o seu personaxe e o da súa muller, Esther Lago (xa falecida), no primeiro capítulo da ficción baseada no libro homónimo, emitido esta semana.
  comenta   3
Carmen Avendaño fala con Galicia Confidencial sobre os últimos acontecementos que teñen o narcotráfico como eixo común: a detención de Sito Miñanco, a paralización da edición de "Fariña", a relación entre políticos e contrabandistas ou as palabras de Laureano Oubiña sobre o único interese da asociación Érguete en recoller subvencións.
  comenta   3
Detido en Alxeciras Sito Miñanco nun operativo policial contra a droga con Cambados como un punto neurálxico. Tamen foi detida a súa filla e outro fillo do histórico Laureano Oubiña.
  comenta   1
Miñanco tiña un xuízo pendente nos próximos días na Audiencia Nacional. Tamén foron arrestados familiares de Laureano Oubiña.
  comenta   0