A Policía afirma que o avogado asasinado en 2008 sospeitaba do fillastro de Oubiña, ex-mozo da súa parella Tania Varela

Celébrase o terceiro xuízo por este caso cun dos presuntos autores materiais no banco

Por E.P. | Madrid | 11/04/2018 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

Os axentes da Policía Nacional que levaron o caso do avogado Alfonso Díaz Moñux, asasinado a tiros por dous sicarios en 2008, afirmaron no xuízo que dous meses antes do crime denunciou ameazas de morte manifestando que sospeitaba de que David Pérez Lago, fillastro de Laureano Oubiña, estaba detrás ao ter unha relación sentimental coa súa ex-parella, a avogada galega Tania Varela.

A narcotraficante Tania Varela
A narcotraficante Tania Varela

A Audiencia Provincial de Madrid celebra estes días o terceiro xuízo pola morte deste letrado, cuxo caso nunca se logrou esclarecer. O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ordenou anular o primeiro xuízo, celebrado en 2014. O segundo, celebrouse en 2015, pero uno dos presuntos asasinos a soldo estaba fuxido da Xustiza. O resto dos procesados foron condenados por participar no crime.

Miguel Ángel Durán, que nega os feitos, senta agora no banco dos acusados após ser detido en Brasil por orde da Audiencia Provincial de Madrid. Na sesión deste mércores pouco se falou deste acusado, considerado un dos supostos executores do crime, saíndo máis a relucir o nome de Pérez Lago, fillastro de Oubiña.

Díaz Moñux defendeu a Pérez Lago e á que fora a súa parella Tania Valera, nun caso de narcotráfico por un desembarco de droga. Pero finalmente deixou de defender ao fillastro de Oubiña. En 2007, comezou unha relación sentimental con Tania Varela, que declarará a próxima semana por videconferencia desde un cárcere de Cataluña. A avogada galega foi detida recentemente ao pesar sobre ela unha condena por narcotráfico.

"El dicía que sabía que era un home morto e que o asumía. Díxonos que sospeitaba de Pérez Lago, pero fóra da declaración para que non constase en acta", manifestou un dos axentes do Grupo da Policía de Extorsións e Secuestros.

Laureano Oubiña sae de prisón
Laureano Oubiña sae de prisón

O día do crime, Tania atopábase no asento do copiloto do coche que conducía a vítima. Segundo un dos axentes, sempre manifestou que non viu nada porque xusto nese momento se agachou a coller unhas chaves. Falou entón de dous sicarios colombianos.

Segundo a Policía, a propia Tania falou de que detrás podería estar a súa ex-parella, pero foi unha hipótese policial que nunca lograron demostrar. Moñux non quixo a protección que lle ofreceu a Policía porque "asumía" que o ían a matar. Dous días despois de que volvese denunciar ameazas, foi tiroteado ás portas do seu garaxe.

USO DO TERMINAL

Na súa declaración, Durán manifestou onte que non participou nos feitos, xa que non era "nin un matón nin un sicario". Con todo, os posicionamentos telefónicos do que supostamente era o seu teléfono situárono nos lugares onde se realizaron as vixilancias e nas inmediacións do lugar dos disparos.

Onte afirmou que ese teléfono era dun tal Johan, un veciño seu de Galapagar que lle proporciona marihuana para acougar as dores que sufría por mor das lesións polos seus combates de boxeo. Fronte a iso, a Policía manifestou que se comprobou que o terminal do número investigado o usaba o acusado, desmontando así a súa versión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta