Por E.P. | MADRID | 19/04/2018 | Actualizada ás 18:54
O acto de conciliación tivo lugar no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Pozuelo de Alarcón, informaron fontes xurídicas. Na vista, víronse as caras os representantes legais de Oubiña cos avogados de Bambú Producciones e Atresmedia. O motivo era a petición de rectificación que esixe Oubiña con motivo dunha escena de sexo da serie entre el mesmo e a súa muller, Esther Lago, xa falecida.
Durante o acto de conciliación, os letrados da produtora opuxéronse a todas as esixencias que se pedían para frear a demanda. Ao parecer, mesmo chegaron a afirmar que a serie non estaba baseada en feitos reais, senón que era "ficción".
"Pasaron de dicir que o primeiro capítulo estaba baseado en feitos reais, o segundo, inspirado neses feitos e agora en que é case unha novela de ficción", criticaron os letrados que levan a defensa de Oubiña. Por tanto, seguirán adiante coa demanda contra a cadea e Bambú Producciones por vulneración do seu dereito á honra e a intimidade. En principio, na demanda pedíase millón e medio de euros, pero esta cantidade podería cambiar, segundo as mesmas fontes. Entre as súas esixencias, reclamaba que se recoñeza que "se han entrometido na súa honra cunha rectificación no seguinte capítulo que se emita após o acto de conciliación".
CARMEN AVENDAÑO
Dáse a circunstancia de que Laureano Oubiña tamén presentara unha petición de conciliación coa presidenta de Érguete, Carmen Avendaño, que tivo lugar o pasado 18 de xaneiro e que terminou sen acordo, polo que se acabou fixando xuízo.
Oubiña tamén denunciou por atentado á súa honra a unha das coñecidas como nais coraxe que loitaron contra a droga na comarca de Arousa nos anos 80 e 90. O xuízo fora fixado para o 27 de febreiro, pero suspendeuse.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.