Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2018 | Actualizada ás 18:59
Axentes da Policía Nacional detiveron na provincia de Pontevedra a Jonathan Oubiña, un dos fillos de Laureano Oubiña, no marco dunha operación contra a fraude fiscal, branqueo e pertenza a organización criminal. Así o confirmaron fontes da operación, desenvolvida en colaboración entre a Udyco e Vixilancia Aduaneira. Dentro da mesma, detívose tamén na provincia de Alacante a 14 persoas polos mesmos delitos.
A operación atópase baixo segredo de sumario por orde dun xulgado de Elxe xa que "permanece aberta" e "estase desenvolvendo", con rexistros pendentes de practicar fóra de España. Os detidos son 13 persoas de nacionalidade española e unha máis de procedencia hondureña, ademais do fillo de Oubiña.
Fontes próximas a investigación confirmaron que se trata dun operativo contra a fraude do IVE na importación de vehículos procedentes de Alemaña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.