Por Galicia Confidencial | Noia | 08/02/2018 | Actualizada ás 08:35
Xornadas de trece horas diarias, cando o máximo legal son nove. Así se traballa en Froiz, polo menos, no supermercado que esta cadea de alimentación ten en Noia. É a denuncia que fai a federación de Servizos de CCOO de Galicia que denuncia explotación laboral por parte de Froiz. De feito, o sindicato puxo en coñecemento da Dirección da empresa e da autoridade laboral esta situación.
CCOO tamén informou do incumprimento dos descansos legais e do tratamento "humillante e vexatorio", que provocan que moitas empregadas sufran cadros "severos" de ansiedade ou mesmo renunciasen ao seu posto de traballo.
A Federación de Servizos deste sindicato anuncia que "non vai permitir que esta situación continúe" e anuncia concentracións fronte a este centro de traballo "as veces que sexan precisas". Así, este xoves, ás 12.00 horas terá lugar a primeira delas no supermercado desta cadea en Noia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.