Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/02/2018 | Actualizada ás 11:00
O 17 de xullo de 1985 Ricardo Portela, gaiteiro de Viascón, tocaba a "Alborada de Rosalía de Castro" e a "Muiñeira de Chantada" nos actos conmemorativos do centenario rosaliano no paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, nun acto organizado por Xosé Filgueira Valverde.
“Este feito aparentemente sinxelo ten moita importancia para o mundo da gaita, xa que simbolizou a entrada do noso instrumento máis representativo na universidade, un vello desexo de Castelao”, suliña o gaiteiro Ósca Ibáñez. Precisamente, e inspirado neste acontecementos, este músico reinterpretará a Ricardo Portela no mesmo espazo, o paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da USC, en lembranza da histórica actuación do Gaiteiro de Viascón. Será este martes ás 21.00 horas e Interpretará unha selección do seu repertorio enriquecida con novos arranxos.
Non é a primeira vez que Ibáñez lembra a Portela. O pasado ano, coincidindo co 25 aniversario do seu pasamento, quixo renderlle unha homenaxe co disco Aires de Pontevedra, que gravou integramente coa gaita orixinal do propio Portela tratando de achegarse o máis posible á súa estética musical e técnica interpretativa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.