En Marea repite as peores prácticas do BNG de Amio

Podemos, EU e parte de Anova impóñenlle unha posición a Luís Villares e ao Grupo Parlamentario de En Marea completamente oposta ao que decidiu o seu máximo organo político. Paula Quinteiro, lonxe de dimitir, contrataca cun expediente contra o Consello Político desta formación. Crónica dunha "vida de Brian a cámara acelerada".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/03/2018 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

Nin nos peores momentos do BNG de Amio tivo lugar un esperpento semellante ao que está acontecendo en En Marea. En xaneiro de 2012, cando o Bloque rompeu pola metade, os dous grandes bandos enfrontados falaron de unidade tras coñecer uns resultados que os separaban por tan só un 5%. Seis anos despois, repítese a mesma historia pero, a diferencia de entón, a palabra “unidade” sona aínda moito máis baleira que entón.

Luís Villares y Carmen Santos en rueda de prensa
Luís Villares y Carmen Santos en rueda de prensa

Hai que acadar a unidade desde a fraternidade. Temos que chegar a posturas comúns aínda que sexan dolorosas”, sinalaba a saída dunha maratoniana xuntanza do Grupo Parlamentario de En Marea, Carmen Santos, líder de Podemos-Galicia. Un discurso de protocolo que pouco reflexa o que foron as máis de sete horas de intensa xuntanza que rematou cun escueto comunicado de prensa no que Paula Quinteiro saíu máis reforzada do que entrou. Tan reforzada que mesmo ameza ao Consello das Mareas, a dirección política da formación, con abrir un expediente informativo neste órgano para que “se informe de todos os elementos que concorren no caso”. Foi a súa resposta á decisión da súa dirección, que tras outra longa e tensa xuntanza, reclamou a pasada fin de semana a súa dimisión como deputada.

Unha resposta que ademais conta co respaldo do grupo parlamentario, cando menos, da súa maioría, e así se reflexou no comunicado que saíu desa xuntanza. Un comunicado de catro apartados nos que despachan a decisión do Consello en dous puntos cun “é unha declaración política que non ten consecuencias directas, porque para que fose así deberíase seguir o procedemento regulado” e que “en base a este punto Paula Quinteiro vai demandar a apertura dun expediente informativo no que se informe de todos os elementos que concorren no caso, demanda que conta co apoio do GP de En Marea”.

Os outros dous son para respaldala e apoiala e pechar filas en torno a ela, nun momento no que non son poucos os que piden, polo menos, unha desculpa pública. Un primeiro punto que di que “a situación na que se viu envolta Paula Quinteiro por uns feitos polos que xa deu explicacións tanto ao Grupo Parlamentar como publicamente foi instrumentalizado polo PP para atacala persoalmente e ao grupo parlamentar”.

E un último punto que suliña que “con independencia do resultado deste procedemento, o Grupo Parlamentar considera que Paula Quinteiro debe seguir desenvolvendo as súas funcións como parlamentaria de en Marea”.  É dicir, en palabras dun cura, Paula Quinteiro queda absolta de toda pena sen pasar por ningunha penitencia.

Ferreiro, Villares e Beiras no plenario de En Marea en Vigo
Ferreiro, Villares e Beiras no plenario de En Marea en Vigo

Pero segundo fontes da formación esa foi a solución menos mala. A mala, din, sería unha nova división do grupo. Unha división que non só afecta a unha deputada, senón a varios, xa que se Quinteiro era obrigada a dimitir, marcharía ao Grupo Mixto e con ela, outras deputadas deixando aínda en peor estado esa suposta unión de palla na que se cimenta En Marea.

DIVISIÓN DA DIVISIÓN

A decisión que foi apoiada pola maior parte do grupo. Actualmente Podemos ten sete membros,  Anova ten dous, dous EU,  dous son independentes e outro é de Cerna. Podemos arroupou a súa deputada –do sector anticapitalista--, como tamén EU e parte de Anova. Só votaron en contra Davide Rodríguez, de Anova, e Paula Verao, de Cerna. Villares, o voceiro do grupo, quedou, deste xeito desautorizado e sendo un blanco demasiado fácil para os dardos do PPdeG. De feito, esa posición de febleza permanente fan que o seu traballo como líder da oposición sexa, practicamente, imposible de realizar. E quizais iso sexa o que buscan os seus opoñentes internos.

E porque sucede isto?. "Non é normal que o PP con moitos casos semellantes saia indemne deste tipo de situacións e nós non", aseguran fontes consultadas. Pero, neste caso, o demérito é non saber xestionar esta crise; primeiro cunha deputada que desde o minuto un tería que convocar aos medios para explicar o acontecido e pedir desculpas evitando que foran os medios os que a puxeran no apuro e, segundo, "porque a ferida non está fora, está dentro", e "está tan infectada" que hai imposibilidade de que os distintos grupos se poñan de acordo. Así que uns aproveitan as debilidades dos outros para facerse dano en vez de combatir o inimigo común; o PP. E nesta guerra encuberta os grandes medios subvencionados da Xunta teñen munición abonda. Non teñen que buscala. Obtéñena gratis.

Agora en En Marea conviven dous sectores que, como no BNG de Amio, están enfrontados sen posibilidades de marcha atrás. Un sector afín a Villares, máis nacionalista, que domina o Consello das Mareas e no que está Cerna, parte de Anova e independentes, e outro sector máis “estatalista e federalista” que apoia parte de Podemos, Esquerda Unida e, curiosamente, o sector que se di máis soberanista de Anova.

E no medio desta división un Beiras que se atopa dividido e tamén dubidoso, pero que, nesta crise, foi contundente; Paula Quinteiro tería que ter dimitido. Foi o único dos grandes dirixentes nacionalistas de En Marea que se pronunciou ao respecto, ademais do Consello das Mareas. Unha posición que deixa nunha situación moi delicada ao sector oficial de Anova, moi tocado xa pola posición de Podemos na crise catalá.

PEOR QUE EN AMIO

5%.  Esa foi a porcentaxe final que a APU --o sector oficialista e triunfante-- obtivo de diferenza con respecto a Encontro Irmandiño e Máis Galiza, que integraban o sector crítico, na famosa asemblea de Amio. Pouco despois, debido ás tensións internas e ideolóxicas, partidos como Encontro Irmandiño e Esquerda Nacionalista decidían abandonar o Bloque. A corrente Máis Galiza, a segunda forza máis votada tras UPG, e o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista, marchaban tamén pouco despois. No BNG quedaba só como gran partido, a UPG.

Esta división supuxo o inicio do declive electoral do BNG. Tras esas escisións e a súa consecuente caída en votos e escanos nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012, pasaba de 12 a 7 deputados, fronte aos 9 que entón obtivo Alternativa Galega de Esquerda, e logo a 6 nas de 2016.  En fronte, roubandolle parte de protagonismo, novas forzas que xurdiron desa escisión asegurando que eran "aire fresco" e a "nova política"; Anova, con Beiras á cabeza, Esquerda Unida e, despois, Podemos. Unha unión da que saíu primeiro AGE e logo En Marea que nos últimos comicios sacou 14 deputados e converteuse na segunda forza en votos de Galicia.

Pero lonxe quedan esos momentos de gloria. Porque esa unidade, como aconteceu tamén no BNG de Amio, rachou en anacos. Agora hai varios Podemos, varias Anovas e varias mareas. Cada quen vai ao seu e semella que a En Marea de agora camiña para repetir un novo Amio, só que nese Amio non haberá xa partidos, senón anacos do que algún día foron partidos...  Unha “vida de Brian” a cámara acelerada. A película dos Monty Python que define moi gráficamente o estado da esquerda e do nacionalismo nos ultimos anos en Galicia e que permiten un cómodo goberno do Poncio Pilato Feijóo.

Ferreiro, Noriega, Colau, Suárez y Luís Villares en un mitin en 2016
Ferreiro, Noriega, Colau, Suárez y Luís Villares en un mitin en 2016
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

5 Comunista Independentista

"En Marea repite as peores prácticas do BNG de Amio", e curiosamente os que protagonizaran aquel conflito no Bloque agora son os mesmos que protagonizan este na Marea. O tempo vai deixando claro onde está cada un, quen ten vontade de construír e quen de destruír

4 Como rematou

Pero, tranquilos, non volverá a pasar: Dentro de 6 meses, nun novo plenario de 120 calvos, tal vez se reforme esa errónea parte do texto, para que sexa "o portavoz nacional" (si, si.... así se chama agora), poida "instar" e revocar directamente... Que pode sair mal? Por unha marea xusta. Fora Villares, MLR e Hermida a 1000 kilómetros!

1 Calvorota

120 calvos? Meu, cal é o teu complexo? Ánimo!

3 Como foi 3 (e segue)

O muy clásico, moralista e defensor de las buenas costumbres, "consello Villarista", e logo dun patético xuizo sumario co títere Xurxo (quien te ha visto y quien te ve) e Gonzalo ao frente clamou que isto merecía unha condena inmediata Estivo ben un día, festa na Voz de Galicia! "el buen juez triunfa". A presunción de inocencia e os dereitos de Paula... pois, total para qué? Volve o pobre xuiz penante ao grupo parlamentar a facer valer a ilexítima decisión do consello (que xa lle dixera que non o primeiro día) a ver se rasca algo... 10 horas de reunión para 4 liñas, e o "Porta-Lavoz Nacional" calado. A tal hora segue calado. E moitos, cada vez máis, tamén o van "calando". E que... que paradoxos: ser portavoz de todo e non poder falar en nome de ninguén. Ao parecer, ás veces, no pecado vai a penitencia, Luis... parece que esa parte da "doutrina" non che chegou.

2 Como foi 2 (e segue)

A xogada era máxima: Paula fora, Hermida dentro, e ademáis apelando a "la bondaz, la ética y las buenas maneras", que es eso de que una mujer roja y joven se encare con un guardia municipal, por favor! Y si es diputada electa, que? hoguera, hombre! Primeiro Villares tentou no grupo pralamentar, saíndolle o tiro pola culata xa o primeiro día. Logo tentou desde a coordinadora... pero, a verdade é que era moito cante de dios (e este señor de monaguilo vale moito e o ceo non o quere perder, pese a todo). A xogada era perfecta: facémolo desde o consello transfugalaico! Claro: un pequeno detalle, que ese consello non tivera competencias para elo, tal como indican aínda os docs de EM, iso é competencia do plenario

1 Como foi 1 (e segue)

Repito o fío, logo da censura de GC Logo da defensa acérrima da Voz ao seu amado Villares, (unha vez recibido o cheque correspondente de MLR, como nos vellos tempos) protexéndoo sempre, como "el buen juez de orden" que é para este grupo editorial. Calíficándoo sempre como "víctima". A ver, é lóxico: pois sempre é importante para o equilibrio sistémico e para as oligarquías ter a unha persoa indolente, cobarde e que, obviamente non vai cambiar nada como referencia da esquerda. Como ven dixo Villares dentro da constitución, todo, fora dela , nada, (ver o "discurso inaugural" deste señor, cando se presentou de candidato). No fondos laios veñen porque non fora adiante a suposta "operación Hermida", botar a Paula pola filtración interesada a La Voz dun atestado policial por protestoar ante unha identificación violenta dun compañeiro que, presuntamente, vira antes como outra terceira persoa allea rachara un retrovisor (...)