Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 10/04/2018 | Actualizada ás 22:43
Xoán Hermida, ex coordinador de Marea de Pontevedra, está agora no centro da diana informativa de La Voz de Galicia. E todo, segundo el, por un informe interno deste concello que lle filtrou o BNG sobre a actuación dun policía denunciado por este político tras impoñerlle dúas multas. De feito, anuncia que presentará unha queixa no concello por esta filtración.
Hermida deféndese deste xeito dunha información publicada pola Voz de Galicia –medio que leva semanas afondando na crise interna de En Marea-- que o relaciona cunha actitude “chulesca” contra uns axentes da Policía Local logo de poñerlle unha multa. “Referiuse a eles con frases como «ti non sabes quen son eu», «son de Marea, vaste decatar, non vas traballar máis» o «estades a recadar para Lores», en alusión al alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), máximo responsable político de los agentes".
De feito, Hermida apunta directamente ao BNG e ao seu alcalde como os causantes desta filtración. “Salió a la luz otro atestado policial, al que pudo acceder La Voz de Galicia, que pone en entredicho al candidato de En Marea que estaría llamado a ocupar el escaño de la diputada de Podemos en caso de que esta renunciara al acta”, recollía este martes o xornal coruñés. “Non existe ningún atestado nin ‘expediende’ contra min máis alo das multas de tráfico referidas. O que hai é un recurso de reposición meu contra a multa e a presentación dunha queixa contra a actitude de dito axente (con data 14/03/2018)”, explicou Hermida nun comunicado.
“É a raíz da miña queixa pola que se abre a apertura dun expediente informativo contra dito axente e é o marco de informe interno onde este axente, na súa lexítima defensa, da unha versión dos feitos distorsionada que previamente non expresou en ningún tramite”, indica e suliña que o que di pode ser corroborada polo Xefe da Policía Local de Pontevedra, Daniel Macenlle. “O feito de que sexa desde o departamento de persoal dependente do BNG (non desde o organismo autónomo da policía local que eu respecto) levarame nos próximos días a presentar unha queixa ao Concello para que se aclare esta filtración (que non é a primeira coñecida contra membros da oposición)”, engade.
CRÍTICAS A LA VOZ
Ademais, critica a La Voz de Galicia porque ninguén deste medio se dirixiu a el para “contrastar a información publicada sen asinar por ningún redactor". “Deixoume na indefensión durante horas e obrigándome ao dereito a replica. Por todo isto veño de cursas unha queixa na Asociación da Prensa da Coruña”, apuntou.
O ex coordinador de Marea Pontevedra, a quen Podemos acusa de querer facerse co posto de Paula Quinteiro –sería el o designado para entrar no canto da deputada anticapitalista se finalmente renunciara ao escano--, non nega que tivo un incidente o pasado ano con axentes da Policía Local e mesmo fixo público o comentario que no seu día publicou nas súas redes sociais. Con todo, aclara que os feitos que describe La Voz de Galicia se refiren a apertura dun expediente informativo contra un axente que el mesmo denunciou por escrito “xa que cree que son as propias institucións as que deben velar polo cumprimento das normas do estado de dereito”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.