Por Galicia Confidencial | Betanzos | 11/04/2018 | Actualizada ás 19:23
Saberias abrir as vías respiratorias dunha persoa con problemas ou realizar as primeiras masaxes cardíacas?. Son maniobras básicas de primeiros auxilios que poderían salvar moitas vidas e que moita xente descoñece.
Por iso, Afundación, a Obra Social de ABANCA, organizou no seu Espazo +60 de Betanzos unha charla – obradoiro sobre primeiros auxilios impartida pola Cruz Vermella. Terá lugar este xoves, a partir das 17.30 horas, e nela realizarase unha aproximación aos coñecementos necesarios para ofrecer unha axuda eficaz en diferentes situacións de emerxencia e afrontar os primeiros minutos con seguridade.
Os asistentes aprenderán como reaccionar nunha situación de emerxencia como hemorraxias, queimaduras, obstruccións da gorxa, golpes de calor ou paradas cardiorrespiratorias.
A iniciativa enmárcase na oferta de actividades da Área de Envellecemento Activo de Afundación, a Obra Social de ABANCA, que permite ás persoas participantes atopar nesta etapa vital novas oportunidades de medrar persoalmente, de seguir formándose, en contacto cos temas emerxentes e achegando activamente á sociedade, ao tempo que se goza de boa saúde.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.