Dimite o deputado de Podemos Galicia que mentiu no seu currículo

Juan Merlo, representante de En Marea na Cámara galega e secretario de Organización de Podemos Galicia, renuncia á súa acta parlamentaria despois de que se desvelase que no seu currículo figuraba que era enxeñeiro malia non ter o título.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2018 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

Poucos minutos despois de dicir que non ía dimitir, o deputado de En Marea e secretario de Organización de Podemos Galicia, Juan Merlo, presentou a súa acta parlamentaria logo de que se desvelase que no seu currículo figuraba que era enxeñeiro naval cando unicamente ten formación, pero non o título.

Juan Merlo, deputado de En Marea e secretario de Organización de Podemos Galicia
Juan Merlo, deputado de En Marea e secretario de Organización de Podemos Galicia | Fonte: Europa Press

El mesmo anunciou que presentaba a súa dimisión á acta de deputado, así como que deixa as responsabilidades na organización morada, como número dous da súa secretaria xeral, Carmen Santos, que precisamente este venres está nunha reunión coa dirección de Podemos en Madrid.

Logo de coñecerse a información que publicou 'ABC', el mesmo saíu a comparecer ante os medios de comunicación para recoñecer o "erro" coa súa "conivencia" e admitir o "bochorno" polo ocorrido, pero dixera que non entendía que fose motivo de dimisión e diferenciouno do caso da presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes. Porén, as presións internas puideron con Merlo.

GC puido saber que ao longo desta mañá foron numerosas as peticións desde Podemos e En Marea para que presentase a súa dimisión, para evitar comparacións precisamente co caso Cifuentes, e no medio da desputa que existe en En Marea polo caso da tamén deputada Paula Quinteiro, tamén de Podemos, para a que algúns —incluído o portavoz Luís Villares— tamén esixen a súa dimisión tras verse envolta nunha lea nocturna con axentes da Policía en Santiago de Compostela. 

CAMBIO DE POSTURA

Merlo responde coa súa dimisión ás presións que estaba recibindo no seu partido (Podemos) e En Marea para que dese exemplo de ética fronte ao que está acontecendo na Comunidad de Madrid, onde a súa presidenta, Cristina Cifuentes (PP), agárrase ao seu cargo malia descubrirse que se falsificou un título de máster seu na Universidad Rey Juan Carlos.

Antes, durante a mañá, Merlo recoñecera o "erro" de que se incluíse desa maneira na súa formación, algo que se fixo coa súa "conivencia" pero "non coa intención de enganar", dixo.

Merlo asegurou que non lle deu "importancia" cando se simplificou o que foron estudos e formación práctica na materia para transformalos en título de enxeñeiro naval.

Neste sentido, após coñecerse a información publicada por 'ABC', recoñeceu o "bochorno" e a "vergoña" que supón para el esta situación, pero considerou que non era motivo de dimisión do seu escano. É máis, opinou que se o contexto actual non fose o da polémica sobre as titulacións de varios dirixentes políticos, incluído o suposto máster de Cifuentes, serían máis "entendibles" as súas explicacións".

Durante as súas explicacións, explicou en varias ocasións que non terminou os estudos por problemas para compatibilizar o traballo e a formación como enxeñeiro debido á situación familiar e asegurou que "non asinou" ningún traballo como enxeñeiro. O que si recoñeceu é que, como "xerente", estivo á fronte dunha empresa de enxeñaría.

Agora, tras as presións recibidas, presenta a súa dimisión como deputado e como secretyario de Organización de Podemos Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

4 comunista independentista

Veña! Que dimitan todas as da Marea, representantes lexítimas de 400/300 mil galegas. Que queden só os de sempre, os de toda a vida: os caciques fascistas do Pp, os ladróns corruptos do PsoE e os liberados vividores do Bloque. Santi Rey de Presi, Bieito Rubido en Madrí e os narcos de conselleiros. Iso é o que piades sen descanso os trolls e La Voz. Sarna con gusto non proe.

3 Carmen santos

Quinteiro xa te pareces a Cifuentes.jajjaa Parece que te pegaron o sillón con cola. Ten vergoña e dimite, colle exemplo dos teus compañeiros.

2 Arcade

Para min Merlo, o que dixo da Marea que era unha "patera asquerosa", é un impresentable. Dimisión voluntaria ou forzada, a saber... Con todo, hai que recoñecelo, acaba de darlle unha lección ao PPsoE, e a colegas indecentes como Paula Quinteiro e Pam. Supoño que non entrará Juan Hermida, pois xa anunciara a renuncia e tampouco ofrece limpeza. Non sei a que agarda Quinteiro para dimitir, non sei a que esperan para expulsala.

1 Lois Breixo Gonçalves

En Marea en estado puro: ás 12 Merlo di que non dimite, chamada do clan da Complutense e ás 14 Merlo dimite. Hai Marea!!

1 Loisin

Tal cual foi. Madrid manda, Galicia obedece. Galicia manda demitir a Quinteiro, a sucursal da Complutense non fai caso. Quo vadis Marea..

2 Benito Lobera

No BNG manda o Psdg, pero como teñen oficina en Santiago non hai problema. É máis hai un Concello onde un concelleiro do Psdg fai escritos no nome do BNG, e o BNG ten concelleiro neste Concello. É non é conto ningún se alguén quere saber algo máis que me deixe o seu número de teléfono e explicollo onde pasa esto. Boa tarde

3 Per

A Benito Lobera,,,,, eu podo decirche dun concello donde En Marea vota co PP en contra do Bng,,,, en realidade dous concellos xa que en Pontevedra pasa tamén.

4 Culombiana

Benito, te doy mi tf para que me cabalgues y además gratis (o de balde como decís vosotros los bloqueros). Con lo guapo que eres... Y estoy de acuerdo con Per, la marea no es de fiar, porque vota con el pp y estos no son nada de fiar.